ESTE BLOG AMOSA OS TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS E NENAS DE 4 anos DO CEIP SAN XOSÉ OBREIRO EN MEICENDE
jueves, 29 de noviembre de 2012
MAGOSTO
O día 31 de outubro celebramos o Magosto,comimos castañas e bebimos leite.Os papás tamén participaron neste festexo. GRACIAS!!
SAMAÍN
Este curso, como todos os anteriores, fíxose unha exposición de cabazas na Biblioteca do centro. A verdade é que a colaboración foi moi grande e os resultados fantásticos, só tedes que botar unha ollada...
martes, 20 de noviembre de 2012
CARACOIS
Con pipas de cabaza, garabanzos e grans de millo pódense facer cousas tan bonitas como estes caracois... Principiños moi ben feito!!!
lunes, 19 de noviembre de 2012
LIM SOBRE A TOUPA
http://chiscos.net/almacen/lim/a_toupa/a_toupa.html
Se pinchades neste enlace poderedes entrar nun libro interactivo que traballamos na clase sobre a toupa.O son non é moi bo pero aparecen as voceciñas dos principiños...
Se pinchades neste enlace poderedes entrar nun libro interactivo que traballamos na clase sobre a toupa.O son non é moi bo pero aparecen as voceciñas dos principiños...
Aniversario PABLO MAROÑO E HUGO VARELA
O día 19 de outubro celebramos dous aniversarios: Hugo Varela e Pablo Maroño xa teñen 4 anos... FELICIDADES!!!!
Aniversario de Joel
INFORMACIÓN
Días previos a comezar o noso pequeno proxecto enviamos unha carta ós pais para que aportaran información sobre este animal, gracias a esta información puidemos aprender moitas cousas. Toda a información fómola poñendo nun corcho e así quedou o espacio da toupiña.
MURAL
Relacionado coa toupa e para colaborar coa elaboración do calendario do colexio, fixemos un mural sobre o conto "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA" Entre todos escribimos unha carta ó escritor para comentarlle o moito que nos gustou este conto...
A TOUPA
O primeiro proxecto que se propuso este curso trata sobre un animal do que descoñeciamos moitísimas cousas:A TOUPA. A través de información que pais e nais aportaron (fotografías, debuxos, contos...) puidemos coñecer un pouco máis sobre a vida deste pequeno animal: morfoloxía, alimentación, crecemento, reproducción e habitat...
INICIO CURSO
Este ano comezamos o curso con moita ilusión, xa estamos na clase de 4 anos e xa non somos os máis pequenos do colexio, ademáis temos dous compañeiros/as novos: Ainoa e Samuel.
lunes, 9 de julio de 2012
Actuación
Levo desde que rematamos as clases intentando subir o video da nosa actuación pero non me deixa, vos publico estas fotos e seguirei intentándolo...perdón pola espera.
Debuxo
Xa cando estabamos a rematar ó noso proxecto voltamos a debuxar unhas xirafas, mirade como agora, xa nos nosos debuxos, podedes observar que xa coñecemos mellor estes animaliños tan simpáticos...
Altura das xirafas
Como xa sabiamos canto medías as xirafas e que á súa altura equivalía a 5 nen@s , pois, debuxámolo...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)