jueves, 23 de febrero de 2012

A ARAÑA TRABALLADORA

A través deste conto estamos coñecendo diversos animais de granxa,así como os distintos sons que emiten. Esta araña é moi traballadora, coma nós, e non quere nin pasear nin xogar con ningún animal, só quere rematar a súa tea.


Unha vez que limos o conto fixemos unha ficha na que tiñamos que recoñecer os distintos animais que aparececen. A partir  deste traballo iremos facendo os distintos animais, coñecendo as letras que compoñen os seus nomes, así como cada unha das anomatopeias que se corresponden cos sons que emiten.

miércoles, 22 de febrero de 2012

QUE FAI FALTA?

Coa coordinadora da biblioteca Marisol realizamos moitas actividades para poder coñecer un pouquiño máis este espazo e o mundo dos libros.
O outro día explicounos o que era a portada dun conto e puidemos elaborala nós despois.
Observamos que na portada hai un títuo que ten as letras grandes e que hai outras máis pequenas que correspondían ó nome do autor e tamén da editorial.


Aprendimos moito e as nosas portadas quedaron moi chulas. GRAZAS MARISOL

miércoles, 15 de febrero de 2012

domingo, 12 de febrero de 2012


O 9 de febreiro Hugo Machado cumpliu 4 anos, MOITÍSIMAS FELICIDADES HUGO!!!

viernes, 3 de febrero de 2012

DÍA DA PAZ

O 31 de xaneiro festexamos no colexio o Día da Paz.Fixemos unhas pombas moi bonitas coas nosas mans e tamén unhas gorras moi chulas que tiñan forma de pomba. Saimos ó patio e alí vimos como os nenos de Primariá formaban a palabra PAZ.