jueves, 29 de marzo de 2012

VOCABULARIO



Estamos a traballar vocabulario relacionado cos diferentes elementos que podemos atopar nas rúas: fixemos unha lista deles e agora estamos a observar como se escriben cada un, cantas letras teñen, se empezan pola misma letra dos nosos nomes...

A CABRA



sábado, 24 de marzo de 2012

BENVIDA PRIMAVERA



Xa comezou a primavera e como moitos rematamos o noso traballo moi repidiño aproveitamos para facer  estes debuxos sobre a primavera, é que somos uns artistas...

jueves, 22 de marzo de 2012

lunes, 19 de marzo de 2012

O XEFE DA POLICIA VEU VISITARNOS

O día 16 de marzo veu visitarnos o xefe da policía local de Arteixo, falounos de como debería ser o noso comportamento cando íamos pola rúa, cando viaxabamos en coche ou  en autobús.
Despois na clase estivemos mirando sinais de tráfico que podiamos atopar pola rúa e traballamos coas súas formas, cores e significados...

viernes, 16 de marzo de 2012

CINE EN 3D NA DOMUS

Mirade que bonito é o debuxo de Victoria: estamos vendo a película en 3D que nos puxeron na Domus.

A VACA



O martes 13 de marzo pasámolo moi ben.Foi a nosa primeira saída dende que comezamos o colexio e algúns estabamos un pouquiño nerviosos.Fomos á Domus e alí vimos un montón de cousas interesantes: unha película en 3D, un home que era moi alto, corazóns de varios animais, xogamos ó futbol,probamos diferentes sabores...aquí tedes un resumo das cousas que fixemos.

miércoles, 14 de marzo de 2012

viernes, 9 de marzo de 2012

viernes, 2 de marzo de 2012

ENTROIDO

Este Entroido cada un viñemos disfrazados do que queriamos de casa. Fixemos un pequeno desfile polas rúas de Meicende e, despois, comimos postres típicos do Entroido acompañados dun rico chocolate quentiño. Mirade que guapos estabamos todos.