miércoles, 27 de junio de 2012

TEATRO



O día 16 de maio fomos ver unha representación teatral: "A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ". A  verdade é que foi unha obra moi simpática e gustounos moito

jueves, 14 de junio de 2012

Fixemos unhas xirafas con pinzas de roupa, quedaron moi orixinais...

A LINGUA DAS XIRAFAS

A lingua das xirafas é de cor negra e mide 50 cm, esto lle permite comer os mellores bocados.

QUE COMEN AS XIRAFAS


As xirafas son animais herbívoros, aliméntanse fundamentalmente das follas das árbores, e as que máis lle gustan son as das acacias.

Mirade que xeito máis peculiar teñen as xirafas bebendo...

martes, 12 de junio de 2012

DEBUXO

Así debuxamos as xirafas

ALTURA DAS XIRAFAS

Unha vez que vimos o documental das xirafas que collimos na biblioteca, buscamos outros videos en youtube sobre as xirafas. En todos eles nos dicían que podían medir entre 4 e 5 metros.

Collimos un metro e no chan medimos os 5 metros, despois o marcamos e fomos poñéndonos acostados para poder comprobar que a altura da xirafa era igual que 5 nen@s acostados.

DOCUMENTAL

Na biblioteca collimos un DVD sobre as xirafas, ademáis de contarnos cousas moi interesantes vimos un conto sobre unhas xirafas que eran moi egoístas.

AS XIRAFAS

Este pequeno proxecto xurdiu a partir dunha votación que fixemos na clase sobre o animal que máis nos gustaba, xa que o último centro de interés des 3º trimestre trataba sobre os animais.
A partires de aquí comezamos unha pequena charla que nos levou a pensar que couasa sabiamos das xirafas e que cousas queriamos saber.
No noso blog poderedes ver como pouco a pouco imos facendo este proxecto, no que os nen@ de 3 anos están poñendo moitísimo interese.








O profesor Xulio veu á nosa clase a ensinarnos os limpafontes que temos no terrario da aula de Natureza, estabamos moi contentos porque puxeron ovos e, pronto, poderemos ver as crías. Xulio deixounos tocar os limpafontes e gustounos un montón!!!

OS MAIOS







O día 11 de maio celebramos no noso colexio OS MAIOS, todos os alumn@s do colexio trouxeron  un montón de flores para poder facer o noso particular maio. Sabedes? Entre as flores atopamos un bonito caracol...

AGASALLOS DO DÍA DA NAI


Fixéron os agasallos con Leticia en plástica, esperamos que vos gustaran...

lunes, 11 de junio de 2012