ESTE BLOG AMOSA OS TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS E NENAS DE 4 anos DO CEIP SAN XOSÉ OBREIRO EN MEICENDE
jueves, 12 de junio de 2014
GRADUACIÓN 2014
Como vos dixen onte é moi difícil resumir tres anos xuntos pero creo que en este video puiden amosar todo o que compartimos!!Moitísimas grazas a todos, a tarde de onte foi moi especial e sempre a recordarei... GRAZAS DE CORAZÓN
domingo, 8 de junio de 2014
MAIOS 2014
Como todos os anos os rapaces do noso colexio participan na elaboración do maio traendo flores e colocándoas.Tamén fixemos unha alfombra floral coa axuda de dúas avoas de alumnos/as do centro.
EXPOSICIÓN
Esta é unha pequena mostra da exposición dos traballos de Voz Natura e, por suposto, do traballo do noso colexio.Espero que vos guste...
sábado, 7 de junio de 2014
OS NOSOS PASILLOS
Xa que queremos que o noso colexio sexa precioso, este ano Manolo, o profe de Educación Física, pintou as paredes con motivos de animais. Quedaron preciosos...
ESTATUA DA LIBERDADE
A Estatua da liberdade atópase na cidade de Nueva York e foi un agasallo de Francia a Estados Unidos. É unha obra de Frederic Auguste Bartholdi e inagurouse en 1886.
O ORIGAMI
É un arte xaponés que consiste en realizar figuras plegando papel, como os regalos que fixemos para o Día do Pai.
O OSO PANDA
Debuxamos o oso panda por ser un dos animais máis importantes e protexidos en China. A que é precioso...
CONFUCIO
Naceu nunpobo de China chamado Qufu hai máis de 2000 anos.Durante a súa xuventude traballou para o goberno.Chegou a ser un importante ministro, pero abandonou o seu traballo e se dedicou ao que máis lle gustaba: ensinar e axudar as persoas. Viaxou por toda China e alcanzou moita fama pola súa sabiduría, hoxe todavía se recordan as súas ensinanzas e proverbios.
Na nosa clase trouxemos un montón de refráns e explicamos cada un dos seus significados.
Na nosa clase trouxemos un montón de refráns e explicamos cada un dos seus significados.
A ESCRITURA CHINA
A escritura china ten máis de 3000 anos de antigüedade e, en lugar de letras usan símbolos para representar palabras. Por iso, para aprender a ler e escribir, unha persoa ten que aprender varios miles de simbolos.
O ARROZ
Un dos productos máis utilizados na alimentación china é o arroz.consúmese de formas moi diferentes: cocido, en tallarins, en sopas, en pasteis e doces e en bebidas.
OS TRENS NA INDIA
Na India os trens son unha forma moi popular de viaxar porque é un medio de transporte moi barato e une as principais cidades do país.Algunhas rutas están tan cheas que a xente viaxa nos teitos dos vagóns, ademáis como van a pouca velocidade a xente pode subir e baixar en marcha.
VACAS SAGRADAS
Na India respétase moito ás vacas e se lles consideran animais sagrados, por iso, non se matan nin se come a súa carne. as persoas coidanas moito e as deixan camiñar libremente polas rúas . Ás veces, as adornan en sinal de cariño.
INDIA
domingo, 23 de marzo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)