martes, 24 de noviembre de 2015

SISTEMA DIXESTIVO

Xa que estamos a coñecer o sistema dixestivo, preguntámonos como é por dentro...Gracias a aplicación ANATOMY 4D, puidemos explorar o  corpo  e, concretamente, observar como é este sistema.
Aos principiños encantoulles e puidemos facer fotos capturando a pantalla...Queredes ver que maravilla de aplicación e o que fixemos...












SISTEMA DIXESTIVO

Xa estamos a coñecer moitas cousas sobre os alimentos.Pero sabedes como o noso corpo asimila as substancias que lle son necesarias  e rexeita as que non...Estade moi atentos a este vídeo, aos principiños gustoulles moito...


viernes, 20 de noviembre de 2015

SAÍDA FUNDACIÓN BARRIÉ

Hoxe fomos facer unha visita á Fundación Barrié, alí tivemos a oportunidade de ver a compañía Zig Zag Danza, co seu espectáculo Aupapá.Este é un traballo dos sentidos onde a ambientación,os sons, os xestos e o movemento crean unha atmósfera placentera e tranquila.
Aquí tedes un resumo desta experiencia.


miércoles, 18 de noviembre de 2015

MARACAS

Sabíades que co envase dun iogur bebible, pintura, gomets e algún alimento como: lentellas, arroz, garabanzos..., podiamos facer unhas bonitas maracas.Mirade como soan...






Mirade como soan ...




lunes, 16 de noviembre de 2015

OS NOSOS ARCIMBOLDOS

A semana pasada estivemos a coñecer quen era Giuseppe Arcimboldo, pois, queriamos seguir facendo cadros con alimentos...
Foi un pintor italiano que pasou á historia polos seus orixinais retratos creados a partir de flores, froitas, animais e obxectos...
Nós quixemos facer algo parecido e ,a verdade, é que nos quedou moi bonito...
Aquí tedes os nosos Arcimboldos...


domingo, 15 de noviembre de 2015

OS NOSOS BODEGÓNS

Estivemos buscando en Internet Bodegóns...Observamos que eran pinturas ou cadros nos que se representaban alimentos como froitas e verduras...Decidimos,pois, facer os nosos Bodegóns.Coloreamos diversas froitas e veduras, recortámoslas e pegámoslas sobre un anaco de tea que facía de mesa.E este foi o resultado...




domingo, 8 de noviembre de 2015

CÓDIGOS QR : DE NOVO PIN DÉIXANOS UNHA MENSAXE

Que sorpresa!!De novo o noso amigo o extraterreste Pin enviounos unha nova mensaxe. Esta vez mandounos un sobre no que atopamos catro folios coas cores dos nosos equipos. En cada un deles aparecía un alimento e, ao seu lado, un código QR. Tiñamos que capturalo e así poderiamos averiguar en que conto aparecía cada alimento...

Esta era a mensaxe de Pin:





E estes son os folios que nos enviou:











Queredes  saber cales eran eses contos? Colle o teu móvil ou tablet e captura os códigos QR:







CLASS DOJO

Dende que comezamos o curso, os últimos dez minutos de clase falamos sobre o noso comportamento e o traballo que fixemos ao longo do día, se o rematamos, se o fixemos ben... A través da aplicación CLASS DOJO podemos facer un seguimento do noso comportamento e hábitos de traballo. As familias taamén poden acceder a esta aplicación.
Encántalles que chegue este momento de autoavalición tan importante para eles.





viernes, 6 de noviembre de 2015

CÓDIGO QR DA NOSA CLASE

Dado que este curso comezamos a traballar con IPADs, o noso traballo empezou con algo doado pero á vez moi útil: os códigos QR.

Pregunteilles aos principiñ@s se sabían o que era e, despois, buscamos en Internet un código QR. A maioría dixo que era un debuxo, un cadrado, un puzle... Non sabían o que era. Intentei explicarlles que era un código e tras el podíamos obter unha información, unha imaxe, un vídeo... Quizás foi algo difícil de entender pero, entón, collimos o IPAD e comezamos a ler o código que acabaramos de buscar, desta forma puideron ver como este código estaba asociado a unha imaxe.

Pasados uns días, xa que sabiamos o que era un código QR, intentamos crear un. Para iso buscamos un xerador de códigos QR. Entramos na páxina UNITAG e alí puidemos observar que podíamos porlle cor, formas e un logo ao noso código.
Fomos dándolle forma e chegamos ao principal,tiñamos que buscar unha imaxe, unha información, un vídeo o un blog para asocialo ao noso código. Decidimos que fora o do noso blog. Así sempre que alguén o capturase podería ver as cousas que facemos.













Este foi o resultado.




Veña, collede o voso móvil ou tablet e animádeos a capturar este código.



EXPOSICIÓN SAMAÍN 2015

Aquí tedes un resumo da exposición de cabazas deste ano. Eran impresionantes, gracias ás familias pola vosa colaboración...


REALIDADE AUMENTADA PARA SAMAÍN

Gracias á aplicación QUIVER, puidemos ver como as nosas cabaciñas bailaban e se movían. A verdade é que parece maxia...




Contos Samaín

Un conto que nos gusta moito e, que por estas datas, sempre o lembramos é o de Corre Corre Cabaciña...


MANUALIDADES SAMAÍN

Para adornar os noso pasillo fixemos un mural e estes adornos. A verdade é que os principiños traballaron moito...