miércoles, 25 de mayo de 2016

DIFERENTES TIPOS DE DINOSAURIOS

Sabemos que existiron diferentes tipos de dinosaurios. A través deste vídeo puidemos coñecer en que periodo viviron, como eran según a súa alimentación e que sons emitían.



OS DINOSAURIOS ERAN REPTILES

Estamos coñecendo as características dos dinosaurios e, estes animais, pertencían ao grupo dos reptiles. Mirade este vídeo e saberedes cales son as principais características destos seres.

DEBUXAMOS UN DINOSAURIO: Coñecementos Previos

Os principiños xa sabemos moitas cousas sobre os dinosaurios: viviron hai moito tempo, nacen de ovos, hai fósiles, algúns comen carne e outros herba...Fixemos un debuxo dun dinosaurio e Barnie explicounos cousas relacionadas con estes animais tan grandes.












VISITA CASA DAS CIENCIAS

O día 5 de abril fomos de visita á casa das Ciencias. Alí puidemos ver un montón de cousas: experimentos, unha incubadora de pitiños e no planetarium as estrelas, a lúa... Pasámolo xenial...



DE NOVO PIN

Volveu Pin á nosa clase!!Canto tempo facía que non o viamos...que ilusión!! Deixounos unha mensaxe...Queredes escoitala...

http://www.voki.com/site/pickup?scid=12577756&width=575&height=323&chsm=299db6cbb68b8f64429527defea28e20

Pin mandounos un sobre con códigos QR. Cada equipo tiña un código no que aparecía unha imaxe relacionada cun animal.
Así, entre todos poderiamos averiguar de que animal se trataba.
E vós?? Queredes saber cal era?? Pois podedes capturar os códigos e veredes que é un animal que viviu hai millóns de anos...



Aquí vos deixo un vídeo de como fomos capturando estos códigos.







jueves, 24 de marzo de 2016

PUPPY

E como PUPPY, o canciño do Guggenheim gustounos tanto, pois decidimos decoralo...





MUSEO GUGGENHEIM

Sin lugar a dudas, o Museo Guggenheim de Bilbao foi un museo que chamou moito a atención dos nosos principiños. Un dos motivos foi PUPPY un can xigante feito de flores que encantou aos pequenos.

Fomos coñecendo este museo gracias a dos personaxes: Nora e Mateo, que nos explicaron as principais cousas que hai e deixáronnos xogar con eles.

E vós, queredes coñecer con Nora e Mateo o Museo Guggenheim???

PREME NA IMAXE

MURAIS

E coma todos os anos, os nosos pasillos tamén se visten de Entroido...





XOGOS OLÍMPICOS

Xa que este é un ano olímpico, o noso centro adicou o Entroido a estes xogos tan importantes. Aquí vos deixo un resumo dese día.




DÍA DA PAZ

Como todos os anos, o noso centro vístese de PAZ para poder celebrar ese día.Este ano adornamos as escaleiras do noso centro con pequenos murais nos que os nenos/as expresaban o que significaba a paz para eles.
O día 29  saimos á entrada e todos cantamos unha bonita canción. Tamén de forma simbólica arroxamos ao caldeiro xoguetes bélicos.






miércoles, 23 de marzo de 2016

O GALO CANTA

Para a nosa actuación da biblioteca eleximos unha canción que nos gustou un montón... Queredes vela??



Premede nesta imaxe






LEROUCHO

Leroucho, a mascota da nosa Biblioteca estivo na nosa clase, traballando e xogando...






ARCO DA VELLA

O 15 de xaneiro, cando estabamos na asamblea e miramos pola ventá da clase para ver o tempo que ía, puidemos contemplar este precioso arco da vella.Saímos fóra e lle quitamos fotos...Que bonito!!!







AS NOSAS MENINAS

E coma nós somos grandes pintores, pintamos unha menina  dándolle moito colorido...





  





VELÁZQUEZ

No Museo do Prado está exposta unha das obras maestras da nosa pintura: As meninas. Puidemos aprender moitas cousas deste cadro, ademáis, sabiades que Velázquez non lle puxo ese nome??



















D

MUSEO DO PRADO

GRANDE!!! Eso é o que dixeron os principiños cando visitamos( a través de Internet) o Museo do Prado. Puidemos ver nun mapa onde se atopaba e como podiamos ir ata Madrid .A través dun vídeo de Youtube coñecimos este Museo tan famoso e observar as obras maestras que alí podemos atopar.





O QUE NOS CONTAN OS CADROS

Os cadros cóntannos historias, fálannos das paisaxes, de cidades...pero tamén de lugares creados na imaxinación do pintor. Cóntannos como eras as persoas doutras épocas, cales eran as súas costumes, as súas actividades...
Nós tamén contamos historias a través dos nosos cadros...


Mondrian

Ao longo deste proxecto ademáis de coñecer museos, observamos e interesámonos pola obra de diferentes pintores. Un deles foi Mondrian. Chamounos a atención a súa obra, e a partir das súas composicións fixemos a nosa propia. Cada un eleximos un animal e o pintamos tal e como fixo Mondrian.









NON TODOS OS MUSEOS SON IGUAIS

Durante este proxecto comprobamos que non todos os museos expoñen cadros ou esculturas, senón que hai diferentes tipos de museos: museos científicos, de xeoloxía e zooloxía, museos militares...A nós gustounos un montón o museo de cera en Madrid e o museo dos xoguetes en Teruel.
Queredes vivitalos?? Premede  nas imaxes







OS MUSEOS

Neste 2º trimestre os principiños coñecimos moitísimas cousas sobre os museos. Coma sempre, cando iniciamos un novo proxecto partimos dos seus coñecementos previos, sabían que íamos a ver cadros aos museos, que non podiamos andar tocando, que había cousas antigas...
Puidemos comprobar que no noso país hai unha gran variedade de museos, moitos deles moi importantes. Tamén recordamos a nosa visita o ano pasado á Domus.

E vós, queredes ver todas as cousas que os principiños fixemos ao longo deste trimestre??





AGASALLOS

Á volta do Nadal todos puidemos taer algún agasallo, a verdade é que os principiños deberon portarse moi ben...