miércoles, 25 de mayo de 2016

DIFERENTES TIPOS DE DINOSAURIOS

Sabemos que existiron diferentes tipos de dinosaurios. A través deste vídeo puidemos coñecer en que periodo viviron, como eran según a súa alimentación e que sons emitían.



OS DINOSAURIOS ERAN REPTILES

Estamos coñecendo as características dos dinosaurios e, estes animais, pertencían ao grupo dos reptiles. Mirade este vídeo e saberedes cales son as principais características destos seres.

DEBUXAMOS UN DINOSAURIO: Coñecementos Previos

Os principiños xa sabemos moitas cousas sobre os dinosaurios: viviron hai moito tempo, nacen de ovos, hai fósiles, algúns comen carne e outros herba...Fixemos un debuxo dun dinosaurio e Barnie explicounos cousas relacionadas con estes animais tan grandes.












VISITA CASA DAS CIENCIAS

O día 5 de abril fomos de visita á casa das Ciencias. Alí puidemos ver un montón de cousas: experimentos, unha incubadora de pitiños e no planetarium as estrelas, a lúa... Pasámolo xenial...



DE NOVO PIN

Volveu Pin á nosa clase!!Canto tempo facía que non o viamos...que ilusión!! Deixounos unha mensaxe...Queredes escoitala...

http://www.voki.com/site/pickup?scid=12577756&width=575&height=323&chsm=299db6cbb68b8f64429527defea28e20

Pin mandounos un sobre con códigos QR. Cada equipo tiña un código no que aparecía unha imaxe relacionada cun animal.
Así, entre todos poderiamos averiguar de que animal se trataba.
E vós?? Queredes saber cal era?? Pois podedes capturar os códigos e veredes que é un animal que viviu hai millóns de anos...



Aquí vos deixo un vídeo de como fomos capturando estos códigos.