sábado, 30 de diciembre de 2017

Os pitiños teñen o corpo cuberto de plumas

Pouco a pouco imos coñecendo cousas sobre os pitiños e, aínda que xa sabiamos que o seu corpo está cuberto de plumas, investigamos un pouquiño sobre os animais que teñen plumas. Este grupo é o das aves e coñecimos moitas cousas sobre elas a partir deste vídeo.




Postais solidarias

Como todos os anos, os principiños colaboramos facendo estas bonitas postais de Nadal uníndonos á campaña de axudar aos que  o necesitan.





Mural Pitiños

De que cor son os pitiños?
Todos sabían que os pitiños son de cor amarela, pero descoñecían que tamén había pitiños brancos e negros.
Coa silueta dun pitiño pintámola de cor amarela e puxémoslle a nosa foto.Con todos os pitiños e, coma non, coa súa mestra, a galiña, fixemos un mural. Esperamos que vos guste.


Os pitiños

Un dos proxectos que imos traballar ao longo deste curso é " Os Pitiños". Para comezar este proxecto pedimos a colaboración das familias pedíndolles que aportasen información relacionada co tema.Con todo o aportado puidemos facer o recuncho dos Pitiños e así de bonito nos quedou.
Dar as grazas ás familias pola vosa colaboración e felicitarvos polo grande traballo que fixestes.











O número 1

Comezamos a coñecer o número 1.
Pretendemos que os nenos/as recoñezan a grafía pero tamén asocien esta coa cantidade e, para iso, traballamos con diferente materiais.
Fixemos un xogo que consistía en que cada neno/a collese unha carta (estas cartas impriminas do Blog Aula de la maestra Laura). Mirabamos a cor, a cantidade de puntos ou dedos levantados e, despois, a poñiamos no lugar correspondente. Tamén utilizamos pinchos e bloques de construcción grandes para asociar cor e cantidade.





sábado, 18 de noviembre de 2017

Samaín 2017

E como todos os anos felicitar a todos os pais e nais pola vosa colaboración na decoración das cabazas. Nunca me cansarei de dicirvos que sodes uns artistas!! E felicitar aos meus compañeiros e compañeiras pola magnífica decoración da Biblioteca.


Aniversario Juan Calvete

Aniversario de Juan. Moitas felicidades Principiño!! Eres xa un campeón de tres aniños!!



ANIVERSARIOS ESTHER E UXÍA FERREIRO

Aniversario de Esther e Uxía. Felicidades Principiñas!! Xa tedes 3 anos!! Que maiores!!







Clasificamos

É hora de clasificar por cores. Cos bloques lóxicos e cos pinchos  fixemos unha clasificación por cores.




Cuantificadores moitos/ poucos

Cos froitos secos que os pais/nais trouxeron para coñecer o outono, os Principiños traballamos os conceptos moitos/poucos.
 Tiñamos que poñer unha bandexa moitos e na outra poucos.







Samaín 2017

Estas son as manualidades que os Principiños fixemos para adornar a nosa clase por Samaín.



PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Este curso temos novos Principiños! Durante o período de adaptación fómonos coñecendo, xogamos na clase, falamos e como non saiamos o patio, cousa que lles gustaba moitísimo. Pouco a pouco fomos coñecendo algunha das rutinas diarias que levaremos a cabo ao longo do curso: asamblea, cancións, recollida de xoguetes, xogos por rincóns...
















Mural do Outono

Este curso,  aínda que o tempo non é propio do outono, os principiños xa adornamos a nosa clase e os noso corredores con murais do outono.






jueves, 22 de junio de 2017

Promoción 204/2017

Esto xa chegou ao seu fin...Deséxovos o mellor, sodes todos maravillosos e sempre estaredes no meu recordo. Seguide crecendo e aprendendo moitas cousas e non vos olvidedes de xogar, de compartir e de sorrir,
Aquí vos deixo o vídeo que vos fixen para a graduación, o voso paso pola Educación Infantil, no que compartimos grandes momentos e moitas aprendizaxes.
Lembrade que cada un de vós é especial.

Quérovos.


viernes, 17 de febrero de 2017

DECORACIÓN DOS NOSOS CORREDORES

Xa estamos preparados para o Entroido, e este curso o colexio estase a decorar da Idade Media. Mirade que bonito está quedando...








OS NOSOS CABALEIROS E PRINCESAS

O noso castelo xa ten habitantes: Son os cabaleiros e as princesas de 5 anos...