sábado, 18 de noviembre de 2017

Samaín 2017

E como todos os anos felicitar a todos os pais e nais pola vosa colaboración na decoración das cabazas. Nunca me cansarei de dicirvos que sodes uns artistas!! E felicitar aos meus compañeiros e compañeiras pola magnífica decoración da Biblioteca.


Aniversario Juan Calvete

Aniversario de Juan. Moitas felicidades Principiño!! Eres xa un campeón de tres aniños!!



ANIVERSARIOS ESTHER E UXÍA FERREIRO

Aniversario de Esther e Uxía. Felicidades Principiñas!! Xa tedes 3 anos!! Que maiores!!







Clasificamos

É hora de clasificar por cores. Cos bloques lóxicos e cos pinchos  fixemos unha clasificación por cores.




Cuantificadores moitos/ poucos

Cos froitos secos que os pais/nais trouxeron para coñecer o outono, os Principiños traballamos os conceptos moitos/poucos.
 Tiñamos que poñer unha bandexa moitos e na outra poucos.







Samaín 2017

Estas son as manualidades que os Principiños fixemos para adornar a nosa clase por Samaín.



PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Este curso temos novos Principiños! Durante o período de adaptación fómonos coñecendo, xogamos na clase, falamos e como non saiamos o patio, cousa que lles gustaba moitísimo. Pouco a pouco fomos coñecendo algunha das rutinas diarias que levaremos a cabo ao longo do curso: asamblea, cancións, recollida de xoguetes, xogos por rincóns...
















Mural do Outono

Este curso,  aínda que o tempo non é propio do outono, os principiños xa adornamos a nosa clase e os noso corredores con murais do outono.