sábado, 3 de noviembre de 2018

ANIVERSARIO JUAN CALVETE

Moitas felicidades corazón, non cambies nunca, eres un amor!!



AGASALLO E MANUALIDADE SAMAÍN

O día 31 para rematar as festas do Samaín a nai de Uxía Ferreiro sorprendeunos cun agasallo, unha bonita cesta en forma de cabaza chea de piruletas e caramelos... Que sorpresa máis grata!

Ademáis levamos para casa o morcego que estivemos a facer desde o luns!!




MAGOSTO

Que ben o pasamos e cantas castañas comimos!!








EXPOSICIÓN SAMAÍN 2018

Como sempre agradecer as familias a vosa participación e colaboración coas cabazas deste Samaín!!



RINCÓN DO BOSQUE

Como xa publiquei  noutra entrada, este curso imos levar a cabo un Proxecto sobre os Bosques. A nosa intención e ir decorando a nosa clase, pouco a pouco, e convertila nun bosque.
Para poder levar a cabo esta iniciativa e comezar a nosa decoración, pedimos axuda as familias. A verdade é que, a clase vaise quedar pequena con tanto material que estades a traer. Agradezo moito a vosa colaboración, pois, esta motiva moitísimo aos principiños.
 Moitas grazas familias, grazas pola vosa axuda e a vosa colaboración sempre que volo pedimos. 


















CABAZAS GRAFISMO

E seguimos facendo trazos. E unha actividade que lles motiva un montón, que lles relaxa e están moi centrados cando a fan. Ademáis, encántalles ver o resultado. 
Esta vez fixemos unha cabaza, presentamos os trazos que íamos realizar e puxémonos a traballar. O resultado :



Policubos

A verdade é que, despois, de ver numerosas actividades con estes materiais, decidimos mercalos e, presentalos ao grupo clase. Desde o principio gustáronlles lles un montón. Permiten realizar numerosas actividades: de conteo, xogo libre, construcción, series... e traballar a atención e a concentración.
Estos primeirosdías, despois, dunha manipulación libre destes materiais, propuxen facer as iniciais do seu nome a partir dunha plantilla. Encantoulles!! Aquí tedes algunhas.






CABAZAS MONSTRUOSAS

Este curso para decorar o pasillo de Educación Infantil decidimos facer unha cabaza. Pero esta cabaza ía ser un pouco mostruosa e a íamos decorar partindo dunha consigna.
En primeiro lugar pintámola de cor laranxa, e puxémoslle unha boca. Despois para decorala empregamos unhos dados, un de cada cor.
Para poñerlle os dentes tiramos os dous dados, contabamos os puntos e ese sería o números de dentes que ía ter a nosa cabaza. Despois, volvimos tirar un so dado, e o número de puntos indicaba o número de ollos que poñeriamos na nosa cabaza. Desta forma, aproveitamos a decoración para facer unha actividade de conteo e, tamén de suma...

E así quedaron as nosas cabaciñas monstruosas...



ANIVERSARO ÁLEX

Moitas felicidades principiño!!



XOGAMOS

Plastilina,puzzles,pinchos... Gústanos moito xogar...Momentos de relaxación para eles, para crear e para xogar compartindo, axudando...
Sodes os mellores!!!