miércoles, 16 de mayo de 2018

Agasallos Día da Familia

Creo que este é un Día moi especial. A familia é o pilar da nosa sociedade e, aínda, que hoxe en día hai moitos tipos de familias, todas son iguais de importantes.
E que mellor forma de felicitar este Día que agasallándovos cun traballo feito polos principiños...





















Saída: As fragas de Sisalde

Aínda que non puiden acompañarvos ese día, fixéronvos fotos moi bonitas de todo o que puidestes facer nesta saída: plantar unha árbore, ver un muíño, debullar millo...
Tivo que ser unha saída moi bonita...
















Facemos Ioga

De cando en vez, convén relaxarnos un pouco, e que mellor forma de facelo que con Ioga.






martes, 15 de mayo de 2018

Xogo con pompóns

Con este xogo pretendemos traballar cores, estructuración espacial, atención e motricidade fina.
O obxectivo é reproducir o modelo que lles damos, metendo os pompóns na huevera, pero teñen que coller os pompóns cumhas pinzas, desta forma traballamos a motricidade fina. Aínda que parece un exercicio sinxelo, require de moita concentración e atención, pois, é moi fácil confundir a línea superior coa inferior...




Google Earth

Esta aplicación é impresionante, pois, podemos achegarnos a calquera rincón do noso planeta.
Cando abrimos a aplicación podemos observar o noso planeta e, desta forma, os principiños puideron comprobar que nel  hai moita máis auga que terra.


 Despois, buscamos Meicende e, pouco a pouco, fómonos achegando ata o noso colexio. Puidemos ver que preto del hai un encoiro. A verdade e que lles encantou, e en breve, volveremos a utilizala...








Obradoiro de Grafismo

E seguimos co noso obradoiro de grafismo...Esta vez fixemos raios... Tratábase de facer liñas inclinadas e rectas. Así de bonitos quedaron.