martes, 12 de junio de 2018

Obradoiro de Grafismo

Xa falta pouco para rematar este curso e esta vez fixemos no obradoiro de grafismo unha composición de liñas verticais e horizontais. Os principiños elexían as cores que querías, moitos facían unha liña de cada cor, outros optaron por utilizar só unha.

Despois foron engadindo, á composición,  triángulos de diferentes cores e tamaños.
E así de bonitas quedaron as composición dos nosos principiños.











sábado, 9 de junio de 2018

A MAXIA DOS IPADS



O noso centro participa no Proxecto Arteixo Innovación. O ano pasado tiven a oportunidade de participar como relatora no  II Encontros do citado Proxecto. Para a miña exposición presentei este PREZZI, no que pretendía amosar como utilizando os IPADS puidemos crear un ambiente máxico na aula. Nesta presentación podedes ver como traballamos a pirámide dos alimentos con códigos QR, como exploramos o noso corpo a través da realidade aumentada e como vivimos unha gran experiencia camiñando con dinosaurios. Espero que vos guste...






viernes, 8 de junio de 2018

Día Mundial dos Océanos





Moitos dos obxectivos relacionados co Proxecto da Auga están orientados a coñecer hábitos que nos axuden a conservar e coidar este elemento tan valioso na vida dos seres vivos. Como xa fixemos noutra entrada, os principiños van estando concienciados na importancia de non votar lixo ao mar...
Hoxe celébrase o Día Mundial dos Océanos e os principiños propóñenvos que somos nós os que temos que elexir. E vós que queredes??


martes, 5 de junio de 2018

Non tires lixo ao mar!!

Esta fin de semana apareceu nos medios de comunicación unha noticia sobre unha balea que morrera por comer plástico. O plástico é un dos enemigos máis letais do noso planeta. É importante reducir o consumo de plástico, así que xa sabedes, reutilizade as bolsas e cando vaiades a praia coidala, no mar viven moitos seres. A nós non nos gustaría que ninguén botase lixo na nosa casa.

Os principiños puxémonos a traballar e realizamos no obradoiro de grafismo estas bonitas baleas, decorámolas con diferentes trazos: puntos, círculos, soles, líneas verticais, horizontais... Despois quitámoslles unha foto e coa aplicación PIC EDU  recortámolas, eliximos un fondo mariño e as pegamos nel.





 Só é un pequeno xesto cara ao coidado do noso planeta...




domingo, 3 de junio de 2018

Coida a auga

Unha das cousas nas que debemos concienciarnos é no coidado da auga. Os principiños elaboramos para a nosa revista estes carteis que pretenden recoñecer a importancia e a conservación da auga pola nosa parte.





A auga

Neste 3º trimestre estamos aprendendo moitísimas cousas sobre a auga, o seu coidado, a súa conservación e a súa importancia na nosa vida.
Este vídeo explícanos perfectamente como a auga chega as nosas casas e como volve á natureza.


sábado, 2 de junio de 2018

Voz natura 2018

Outro curso máis, o noso centro participou no Programa Medioambiental levado a cabo por Voz Natura. Este ano a temática xiraba en torno a AUGA, así que coa axuda  de todos puidemos levar a cabo numerosas actividades e expoñelas en Voz Natura.
Nesta exposición puidemos ver os traballos realizados por moitísimos centros de Galicia e, a verdade, é unha maravilla poder ver todos os traballos levados a cabo.

Aquí está a nosa exposición.


E aquí podedes ver un vídeo da nosa exposición e doutras. 




Aniversario Izan

Moitas felicidades principiño... Xa tes 4 aniños e eres todo un campeón...




Maio 2018

Como todos os anos, este curso, coa colaboración das familias, tamén elaboramos o Maio do noso colexio. Os principiños tamén aportaron a súa axuda na elaboración.