domingo, 20 de octubre de 2019

Árbores: obradoiro de Grafismo

Para conmemorar o Día da Árbore e dado que estivemos traballando a importancia dos bosques  no noso planeta, os principiños/as esta vez, decoramos con trazos unha árbore.















sábado, 19 de octubre de 2019

O Lince: Obradoiro de Grafismo

Xa que coñecimos algunha que outra cousa sobre o lince, fixemos unha manualidade que resultou moi atractiva para os rapaces. A verdade é que desde que empezamos co obradoiro de grafismo, aos nenos/as encántalles este tipo de actividades, ademáis están moi concentrados e encántalles ver os resultados.













Agasallos para os nosos padriños e madriñas lectoras

Dado que o Día do Libro os nosos padriños e madriñas lectoras elixen unhos contos para nós e preocúpanse de que nos gusten, queremos agradecerlles este bonito detalle, así que este curso fixémoslles unhos marcapáxinas con goma eva.



Nube de palabras

Empregando Word Art, os principiños fixemos unha nube de palabras. Previamente fomos anotando todas aquelas que tiñan relación co bosque, o resultado foi moi bonito.






Arte e Bosque

O curso pasado fixemos un proxecto ao longo do curso sobre os bosques. Coñecimos moitísimas cousas e intentamos concienciar aos alumnos/as da importancia de estos na nosa vida. Fixemos moitas manualidades relacionadas con este tema. Tamén empregamos diferentes técnicas plásticas, neste caso os nenos e nenas debuxaron un bosque e empregaron a técnica de puntillismo. Previamente vimos diferentes obras de arte de diferentes pintores famosos que empregaban dita técnica.














Aniversario Adrián

Felicidades principiño, xa tes 5 anos!!



Voltamos: Benvidos a un novo curso

Despois de algún tempo sen facer ningunha publicación, chega o momento de comezar. Todavía quedan por publicar moitas cousiñas que fixemos o curso pasado, así que irei publicándoas pouco a pouco. Daremos a benvida ao curso 2019- 2020, último curso dos meus principiños,xa que o ano que vén pasarán para Primaria. Pero, todavía queda moito tempo por percorrer xuntos así que imos comezar.

viernes, 18 de octubre de 2019

EXPOSICIÓN VOZ NATURA

Xa estamos a facer a nosa propia exposición de Voz Natura con traballos que van aportando os diferentes cursos. Aínda  quedan algunhas cousas por poñer pero este é un pequeno adianto do   PROXECTO DO BOSQUE.








O LINCE IBÉRICO

Un dos animais que coñecemos durante o noso proxecto do bosque é o lince.
Se clicades nesta imaxe poderedes acceder a unha páxina que está adicada ao Lince Ibérico. Os principiños visitámola moitas veces para coñecer máis a este animal.


. Aquí vos deixo algún dos vídeos que estivemos a ver para coñecer cousiñas sobre este felino tan precioso.