jueves, 28 de marzo de 2019

Plantamos chícharos

Aproveitando o bo tempo, comezamos a por en marcha o noso horto. Coa axuda de Ana( a coidadora) e Alberto (o noso conserxe) este curso estamos a facer un precioso horto. Os principiños plantamos chícharos, e en pouco tempo veremos como van brotando.








miércoles, 27 de marzo de 2019

Máscara Entroido

Xa está a piques de chegar o entroido . Unha das manualidades que fixemos foi unha máscara que cada principiño coloreu libremente e despois, a adornamos con follas que fixemos coa troqueladora. Mirade que guapos estamos...





domingo, 24 de marzo de 2019

Entroido 2019

Aquí están os principiños xa disfrazados de Fadas e Trasnos!!


Descomposición do número 6

Seguimos a traballar cos números e xa estamos co número 6, aínda que xa coñecen a sú grafía e cantidade, traballamos a súa descomposición.
A forma de facelo foi exactamente igual que co resto dos números, só que esta vez empregamos froitas de cores que repartiamos de forma irregular entre mama osa e o seu filliño.

A verdade é que este tipo de actividades gústalles un montón e a súa capacidade para razonar é realmente increíble.



miércoles, 20 de marzo de 2019

O noso Bosque Máxico

Xa que estamos a traballar os bosques, sabemos que neles viven unhas criaturas máxicas que teñen como principal misión coidar e conservar a natureza. Partindo de aquí, fixemos entre todos un mural que colocamos nunha das paredes da clase, convertíndonos todos en lindos trasnos e fadas.





martes, 19 de marzo de 2019

Agasallos Reis Magos

Como todos os cursos, despois de Nadal, os principiños poden traer a clase un dos xoguetes que lles trouxeran no Nadal, o que máis lles gustou...
Aquí tedes aos nosos principiños cos seus agasallos, porque todos se portaron moi pero que moi BEN!!



Aniversario Daniel

Moitas felicidades Principiño!!



Aniversario Ariadna

Moitas felicidades principiña!!



Aniversario Liber

Moitas felicidades principiño, xa tes 5 aniños!!



Aniversario Uxía Caramés

Moitas felicidades principiña, xa tes 5 aniños!!



Aprendemos a reciclar

Tivemos a visita duns monitores do Concello de Arteixo que viñeron a explicarnos onde debemos depositar os diferentes tipos de lixo, para así poder contribuir á conservación do noso entorno e a nosa natureza.Foi un obradoiro divertido e, a súa vez, moi práctico. Coñecimos os diferentes tipos de colectores que hai e, tamén, sabemos  o que temos que  depositar en cada un deles.






As árbores nas diferentes estacións

Dado que moitas árbores cambian nas diferentes estacións, en varios días levamos a cabo estas actividades, observamos como ían cambiando e intentamos plasmalo empregando diferentes papeis, goam eva...
Quedaron moi bonitiñas!!!









domingo, 17 de marzo de 2019

Saída MUNCYT

Unha saída diferente e que nos gustou moitísimo. Nela puidemos falar cunhos robots moi simpáticos, estivemos na parte dianteira dun Boing 747 e vimos a súa cabina e o seu tren de aterrizaxe.
Gustounos moitísimo pero tamén apendimos como os incendios destrúen os nosos bosques e a nosa natureza.
Unha experiencia moi grata na que os principiños disfrutamos moito.