viernes, 26 de abril de 2019

BENVIDA PRIMAVERA II

Seguimos a facer manualidades coas que decoraremos o pasillo de E.I. Esta vez fixemos un pequeno xarrón (medio rolo de papel hixiénico) que pintamos e decoramos con figuras feitas coa troqueladora. Despois, decorámolo con flores. Quedounos moi bonito!!!






jueves, 25 de abril de 2019

BENVIDA PRIMAVERA I

Os nenos e nenas de 4 anos fixemos esta linda bolboreta para adornar a nosa clase e, deste xeito, darlle a benvida a primavera.









martes, 23 de abril de 2019

CASIÑAS DE TRASNOS E FADAS

Para seguir traballando un pouquiño o tema dos trasnos e das fadas, cada un fixo a súa casiña. Picamos unha seta , decorámola e, despois, coloreamos os nosos corpiños de fadas e trasnos. A base da nosa casiña é medio rolo de papel hixiénico. Así de bonitiñas quedaron.










lunes, 22 de abril de 2019

VOCABULARIO DEL BOSQUE: ROBÓTICA, REALIDADE AUMENTADA, IPADS E MESA DE LUZ

Para levar a cabo esta actividade tíñamos que estar moi ben organizados.Cada grupo tiña unha ferramenta (blueboot, IPADS e  mesa de luz) para poder realizala.
A nosa clase está dividida en catro grupos: raposos, sapos, esquíos e paxaros .Así pois, repartimos a cada grupo unha das ferramentas anteriormente nomeadas.

-Comezaría o grupo que tiña o blueboot, tiñan que elixir unha letra que había dentro dunha bandexa.Unha vez elexida tiñan que buscar, no taboleiro do blueboot, unha palabra que comezara coa letra elexida e intentar lela. Despois, programarían a Piki (nome que lle puxemos ao noso blueboot) para chegar á palabra.
Despois na PDI escribiamos a palabra.

-O grupo que tiña os IPADS utilizarían dos aplicacións:
*ALPHABET.- Terían que formar a palabra elixida.
*CHALKBOARD.- Escribían a palabra.

- Os grupos que tiñan as mesa de luz terían que:
* Uns formar a palabra coas letras traslúcidas.
* Os outros farían os trazos das letras nunha bandexa de sal de cores.

- Unha vez que cada grupo facía a súa tarefa, abríamos a aplicación HP Real (nós aínda lle chamamos Aurasma) e capturariamos a letra para observar o que salía. A verdade é que lles encantou facer esta actividade e, todos os grupos colaboraron estupendamente para levala a cabo.


Déixovos unhas imaxes e un vídeo que resume esta actividade que realizamos en varios días. Perdón pola calidade dos vídeos.
































miércoles, 10 de abril de 2019

Portadas 2º Trimestre

 Como durante o 2º trimestre estivemos a coñecer un pouquiño sobre a vida das fadas e trasnos, e como nos gusta tanto os debuxos de Ben y Holly, pois, quixémonos convertir neles. E así de bonitiñas quedaron as nosas portadas.







domingo, 7 de abril de 2019

SUMAMOS

Aínda que xa fixemos moitas sumas, propuxemos aos nenos e nenas a realización destas a partir dunhas tarxetas con mans, que imprimín no Blog: ELBLOG DE LAS MAESTRAS LUCÍA Y MAITE.   

En primeiro lugar, contabamos os dedos que había nunha man e identificabamos co número, despois, faciamos o mesmo cos dedos da outra. Ao final preguntáballes: ¿ Cantos dedos hay levantados en total? E eles procedían a contar o total e collían o número correspondente.

Despois, nun segundo paso, contabamos os dedos,  localizabamos o número e representabamos a cantidade con pedriñas, faciamos o mesmo coa outra man e, finalmente, contabamos todos os dedos e tamén as pedriñas.