sábado, 26 de enero de 2019

Obradoiro de grafismo

Esta vez tocounos facer os trazos das letras do noso nome.
Primeiro contamos cantas letras tiña o noso nome e pegamos tantas tiras de papel en vertical como letras. Despois, escribimos o trazo destas moitas veces, e entre as tiras de papel fixemos líneas horizontais. Quedounos moi colorido.























domingo, 20 de enero de 2019

A idade das árbores

A verdade é que os principiños sorprendeulles moito coñecer que a idade das árbores sábese gracias ao seu tronco.
Dentro do tronco vimos que había unhos aneis, cada un destes aneis indicábamos un ano, e así podíase coñecer cántos anos tiña unha árbore. Pero tamén vimos que estes aneis , ás veces, estaban xuntos e outras veces separados, isto era debido a si houbo unha época chuviosa( os aneis estaban máis separados) ou unha época seca ( os aneis estaban máis xuntos). Tamén podían presentar cicatrices provocadas polos incendios.





As follas

E xa chegamos as follas, unha parte moi importante das árbores, xa que son as encargadas de fabricar o alimento. Desta forma, aprendimos que as plantas son seres que fabrican o seu propio alimento.
E que dependendo do tipo de árbore, non todas as follas son iguais, e dependendo da estación na que nos atopemos as follas cambian a súa cor.




O tronco

Outra parte importante das árbores e o seu tronco, pois é o que suxeita as polas e as follas e por el circulan os nutrientes necesarios para que as follas elaboren o alimento.






As raíces

Unha das partes principais das plantas son as raíces, agora os principiños xa sabemos que función tan importante cumple esta parte das plantas e das nosas árbores.













Grafismo: Follas do outono

A verdade é que este tipo de actividade gústalles un montón, e os resultados son preciosos.
Intentan controlar os trazos, están moi centrados e atentos.
Vendo traballos do outono en Blogs como La Clase de Miren , comecei a levar a cabo este tipo de actividades xa o curso pasado.
De momento, imos introducindo, pouco a pouco, novos trazos.




Partes das árbores

Confeccionamos unha árbore co fin de coñecer as partes máis importantes e, pouco a pouco, saber que funcións teñen cada unha delas. Pero as nosas árbores tamén lles puxemos flores e froitos, aínda que xa sabemos que non todas as posúen.