Durante o curso 2014-2015 o noso proxecto de Voz Natura xirou en torno a creación dun horto. Grazas a axuda do meu sogro e de todos os nenos e nenas do noso centro e a colaboración dos profes, esto foi posible. Aquí podedes ver como iniciamos este proxecto e como, pouco a pouco, puidemos crear o noso horto.
ESTE BLOG AMOSA OS TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS E NENAS DE 4 anos DO CEIP SAN XOSÉ OBREIRO EN MEICENDE
domingo, 1 de noviembre de 2015
CASITAS DE CHOCOLATE
Dado que estivemos o curso pasado traballando o proxecto O Choccolate, quedábanos por facer algunha recita con este doce. Así que puxémonos a traballar e o resultado foi unha riquísima casiña que comimos encantados.
VISITA MACUF
Creo que foi unha das visitas que máis lles gustaron aos nosos principiños. Alí déronnos a oportunidade de coñecer as distintas profesións que hai dentro dun museo, a través dunha representación teatral que facían polas distintas salas.
CONCERTO PACO NOGUEIRA
Polo mes de maio do curso pasado e, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, tivemos na Biblioteca do noso cnetro un concerto de Paco Nogueira. A verdade é que o pasamos todos xenial cantando e bailando...
domingo, 25 de octubre de 2015
VISITA A BONILLA
No mes de maio fomos a Bonilla. Foi unha visita moi interesante, pois, puidemos ver o proceso de elaboración das patacas fritas . Gustounos un montón...
PUBLICACIÓNS
Hola, xa hai moito tempo que neste Blog non hai publicacións, pedirvos disculpas e decirvos que pouco a pouco irei publicando moitas das cousiñas que os principiños e principiñas fixemos o curso pasado e as que estamos a facer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



