jueves, 6 de febrero de 2020

A NOSA POSTAL DE NADAL: obradoiro de grafismo

A partir dun triángulo fixemos un abeto ao que lle pegamos anacos de cartulina brillante e, posteriormente, decoramos con diferentes tipos de trazos.
Despois decoramos a postal con formas de copos de neve e estrelas feitas coa nosa troqueladora.

                       





      

domingo, 2 de febrero de 2020

VISITA PAPA NOEL

Este curso tamén tivemos a visita de Papa Noel. estabamos traballando tranquilamente na clase cando, de súpeto, Mireya ( a mestra de 4 anos) chamou á nosa porta e díxonos que alguén quería entrar.
SIIII!! Era Papa Noel, estaban tan abraiados e a vez se amosaban tan tímidos, que algúns seguiron facendo o traballlo que estabamos a realizar. Outros non paraban de decirlle todas as cousas que querían que lles trouxese.
É a  maxia do Nadal.










VISITA PAXE REAL

Coma todos os curso, antes das vacións de Nadal, temos unha visita moi especial, a do Paxe Real.Este ano decoramos os sobres de forma libre para que os Reis viran o ben que traballamos. Despois, fomos entregalas ao Paxe que nos deu caramelos.

SAMAÍN CABAZAS

Nunca me cansarei de dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración na decoración das cabazas. Ademáis é un xeito de facer algo na casa entre todos. Este ano foron, coma sempre, preciosas.





VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Este curso tivemos a oportunidade de realizar unha saída ao Museo de Belas Artes na Coruña.
A verdade é que foi unha saída interesante,pois , intentaban que os nenos/as apreciasen as obras de arte relacionándolas cos diferentes sentidos: vista, olfato,oído, tacto e gusto.
Eles estiveron en todo momento moi atentos as explicacións que se lles daba. Ao final déronnos o debuxo dunha cara, tiñamos que pegarlle os diferentes çorganos dos sentidos e, despois, decorala como eles quixesen!







SAMAÍN E MAGOSTO: EXPOSICIÓN

Aquí tedes a exposición deste curso das cabazas que todos os nenos e nenas do colexio trouxeron da casa. Grazas ao equipo da Biblioteca por decorala tan ben. Daba un pouquiño de medo!!!



miércoles, 29 de enero de 2020

Mural samaín

E como xa estabamos a piques de celebrar o Samaín e o Magosto e para dar un pouco de cor a esta celebración, os principiños pintaron estes bonitos esqueletos para darlle vida  ao noso mural.