Xa que estamos a coñecer o sistema dixestivo, preguntámonos como é por dentro...Gracias a aplicación ANATOMY 4D, puidemos explorar o corpo e, concretamente, observar como é este sistema.
Aos principiños encantoulles e puidemos facer fotos capturando a pantalla...Queredes ver que maravilla de aplicación e o que fixemos...
ESTE BLOG AMOSA OS TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS E NENAS DE 4 anos DO CEIP SAN XOSÉ OBREIRO EN MEICENDE
martes, 24 de noviembre de 2015
SISTEMA DIXESTIVO
Xa estamos a coñecer moitas cousas sobre os alimentos.Pero sabedes como o noso corpo asimila as substancias que lle son necesarias e rexeita as que non...Estade moi atentos a este vídeo, aos principiños gustoulles moito...
viernes, 20 de noviembre de 2015
SAÍDA FUNDACIÓN BARRIÉ
Hoxe fomos facer unha visita á Fundación Barrié, alí tivemos a oportunidade de ver a compañía Zig Zag Danza, co seu espectáculo Aupapá.Este é un traballo dos sentidos onde a ambientación,os sons, os xestos e o movemento crean unha atmósfera placentera e tranquila.
Aquí tedes un resumo desta experiencia.
Aquí tedes un resumo desta experiencia.
miércoles, 18 de noviembre de 2015
MARACAS
Sabíades que co envase dun iogur bebible, pintura, gomets e algún alimento como: lentellas, arroz, garabanzos..., podiamos facer unhas bonitas maracas.Mirade como soan...
Mirade como soan ...
lunes, 16 de noviembre de 2015
OS NOSOS ARCIMBOLDOS
A semana pasada estivemos a coñecer quen era Giuseppe Arcimboldo, pois, queriamos seguir facendo cadros con alimentos...
Foi un pintor italiano que pasou á historia polos seus orixinais retratos creados a partir de flores, froitas, animais e obxectos...
Nós quixemos facer algo parecido e ,a verdade, é que nos quedou moi bonito...
Aquí tedes os nosos Arcimboldos...
Foi un pintor italiano que pasou á historia polos seus orixinais retratos creados a partir de flores, froitas, animais e obxectos...
Nós quixemos facer algo parecido e ,a verdade, é que nos quedou moi bonito...
Aquí tedes os nosos Arcimboldos...
domingo, 15 de noviembre de 2015
OS NOSOS BODEGÓNS
Estivemos buscando en Internet Bodegóns...Observamos que eran pinturas ou cadros nos que se representaban alimentos como froitas e verduras...Decidimos,pois, facer os nosos Bodegóns.Coloreamos diversas froitas e veduras, recortámoslas e pegámoslas sobre un anaco de tea que facía de mesa.E este foi o resultado...
domingo, 8 de noviembre de 2015
CÓDIGOS QR : DE NOVO PIN DÉIXANOS UNHA MENSAXE
Que sorpresa!!De novo o noso amigo o extraterreste Pin enviounos unha nova mensaxe. Esta vez mandounos un sobre no que atopamos catro folios coas cores dos nosos equipos. En cada un deles aparecía un alimento e, ao seu lado, un código QR. Tiñamos que capturalo e así poderiamos averiguar en que conto aparecía cada alimento...
Esta era a mensaxe de Pin:
E estes son os folios que nos enviou:
Esta era a mensaxe de Pin:
E estes son os folios que nos enviou:
Queredes saber cales eran eses contos? Colle o teu móvil ou tablet e captura os códigos QR:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












