jueves, 1 de noviembre de 2018

ÁRBORES DO OUTONO

Poñémonos man a obra: xa chegou O OUTONO, así que imos decorar a nosa clase. En primeiro lugar, pintamos un folio de cor azul e fixemos a silueta do noso brazo, pois, este vai ser a nosa árbore. Despois, pegamos follas feitas cunha troqueladora, follas das cores do outono.

Doulle as grazas a unha excompañeira, que lle vin unha actividade moi similar e indicoume onde podía comprar a troqueladora. Gracias Carmen!!

 Seguro que este curso ímoslle quitar moito partido!!













RETO 1: PROXECTO OS BOSQUES

E, por fin, temos unha mensaxe.
É unha mensaxe dun oso que nos propón capturar uns códigos QR que debemos atopar na nosa clase.


Clikade na imaxe para ver a mensaxe

Rápidamente ns puxemos a buscar pola clase os códigos QR. En total atopamos 8 códigos que tiñan un número por detrás. Así, pois, os ordenamos e puxémosnos a capturalos.
Todas as imaxes estaban relacionadas co Bosque. Pasámolo xenial, xa estamos desexando recibir unha nova mensaxe.











XOGAMOS

Plastilina, puzzles, pinchos...
Gústanos moito xogar...Momentos de relaxación para eles, para crear e para xogar compartindo, axudando...
Sodes os mellores!!!















miércoles, 31 de octubre de 2018

OS BONECOS DO SILENCIO

Esta idea quiteina do Blog   EL RINCÓN DE APRENDER . Este curso somos 26 nenos e nenas e, ás veces, hai moito ruido, o que impide levar a cabo determinadas actividades que requiren atención e concentración. Así mesmo, pola miña parte, intento falar cun ton máis baixo na clase e , esto unido a estes pequenos bonecos tan simpáticos, estamos intentando lograr que o ruido na clase non sexa tan excesivo.
Así que cando imos facer unha actividade que precise una maior concentración, repartimos a cada un dos alumnos/as o seu boneco do silencio, e se falan en alto ou molestan, sinalamoslles o seu boneco para que recorden que non lles gusta o ruido, se o ruido persiste , quítolles o boneco. A verdade é que non lles gusta nada quedarse sen o seu bonequiño.




BLOQUES LÓXICOS

Existen numerosas actividades para traballar cos bloques lóxicos, son un material imprescindible para traballar o razonamento lóxico-matemático na etapa de Educación Infantil.

A partir das tarxetas, a actividade que fixemos consistía en clasificar os bloques según os atributos que nos sinalaba a tarxeta, así puidemos clasificar por cores, tamaños e formas...





lunes, 29 de octubre de 2018

NÚMERO E CANTIDADE

A asociación número- cantidade é un reto matemático que se plantexa aos nosos alumnos/as, e intentamos traballalo de forma atractiva para captar a súa atención.
Neste caso empregamos unhas tarxetas nas que aparecen a grafía do número e as pezas de construcción que debemos empregar para facer unha torre.
Estas tarxetas conseguinas en Pinterest, xa o curso pasado,  e non me lembro moi ben a quen pertencían.



EQUIVALENCIAS

Dous conxuntos son equivalentes cando conservan a súa cardinalidade, é dicir, teñen o mesmo número de elementos, independentemente de que estos sexan iguais ou distintos entre os dous conxuntos a comparar.
A través de esta actividade, establecimos equivalencias.