ESTE BLOG AMOSA OS TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS E NENAS DE 4 anos DO CEIP SAN XOSÉ OBREIRO EN MEICENDE
sábado, 2 de febrero de 2019
VISITA CARTEIRO REAL
Como todos os anos, visitounos o Carteiro Real e puidemos entregarlle as nosas cartas para os Reis Magos e, como somos moi boiños, seguramente que nos traerán todo o que lle pedimos.
Tarxetas solidarias de NADAL
Como todos os cursos, este ano o noso centro colaborou co Concello na elaboración das tarxetas solidarias, co fin de recaudar cartos para mercar alimentos para as familias máis desfavorecidas.Os principiños elaboramos unha tarxeta basada en diferentes trazos de distintas cores. Quedaron preciosas...
sábado, 26 de enero de 2019
Obradoiro de grafismo
Esta vez tocounos facer os trazos das letras do noso nome.
Primeiro contamos cantas letras tiña o noso nome e pegamos tantas tiras de papel en vertical como letras. Despois, escribimos o trazo destas moitas veces, e entre as tiras de papel fixemos líneas horizontais. Quedounos moi colorido.

domingo, 20 de enero de 2019
A idade das árbores
A verdade é que os principiños sorprendeulles moito coñecer que a idade das árbores sábese gracias ao seu tronco.
Dentro do tronco vimos que había unhos aneis, cada un destes aneis indicábamos un ano, e así podíase coñecer cántos anos tiña unha árbore. Pero tamén vimos que estes aneis , ás veces, estaban xuntos e outras veces separados, isto era debido a si houbo unha época chuviosa( os aneis estaban máis separados) ou unha época seca ( os aneis estaban máis xuntos). Tamén podían presentar cicatrices provocadas polos incendios.

As follas
E xa chegamos as follas, unha parte moi importante das árbores, xa que son as encargadas de fabricar o alimento. Desta forma, aprendimos que as plantas son seres que fabrican o seu propio alimento.
E que dependendo do tipo de árbore, non todas as follas son iguais, e dependendo da estación na que nos atopemos as follas cambian a súa cor.
E que dependendo do tipo de árbore, non todas as follas son iguais, e dependendo da estación na que nos atopemos as follas cambian a súa cor.
O tronco
Outra parte importante das árbores e o seu tronco, pois é o que suxeita as polas e as follas e por el circulan os nutrientes necesarios para que as follas elaboren o alimento.
As raíces
Unha das partes principais das plantas son as raíces, agora os principiños xa sabemos que función tan importante cumple esta parte das plantas e das nosas árbores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)