jueves, 17 de diciembre de 2015

PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

Pero que sorte temos!! Hoxe recibimos unha nova mensaxe do noso amigo extraterreste Pin!!Escoitade, escoitade...



 

Unha vez escoitada a mensaxe de Pin, ao pouco tempo, Rafa o noso conserxe tróuxonos un sobre no que atopamos moitos códigos QR.












Collimos os IPADS e puxémonos a capturar os códigos, desta forma puidemos construir a nosa pirámide alimenticia de códigos QR.



Aquí tedes un resumo de como fomos facendo esta pirámide tan especial...


martes, 15 de diciembre de 2015

BONECOS DE INVERNO

E como xa falta moi pouquiño para que chegue o inverno, que vos parecen este bonecos tan simpáticos...













DEBUXOS DE NADAL

A verdade é que os nosos  principiños fan unhos debuxos preciosos...Mirade estos do Nadal...


VISITA CARTEIRO REAL

Hoxe tivemos unha visita moi especial: O Carteiro Real veu recoller as nosas cartas para as Súas Maxestades Os Reis Magos. É como somos tan boiños seguro que non se esquecerán de traernos todo o que lles pedimos...



martes, 24 de noviembre de 2015

SISTEMA DIXESTIVO

Xa que estamos a coñecer o sistema dixestivo, preguntámonos como é por dentro...Gracias a aplicación ANATOMY 4D, puidemos explorar o  corpo  e, concretamente, observar como é este sistema.
Aos principiños encantoulles e puidemos facer fotos capturando a pantalla...Queredes ver que maravilla de aplicación e o que fixemos...












SISTEMA DIXESTIVO

Xa estamos a coñecer moitas cousas sobre os alimentos.Pero sabedes como o noso corpo asimila as substancias que lle son necesarias  e rexeita as que non...Estade moi atentos a este vídeo, aos principiños gustoulles moito...


viernes, 20 de noviembre de 2015

SAÍDA FUNDACIÓN BARRIÉ

Hoxe fomos facer unha visita á Fundación Barrié, alí tivemos a oportunidade de ver a compañía Zig Zag Danza, co seu espectáculo Aupapá.Este é un traballo dos sentidos onde a ambientación,os sons, os xestos e o movemento crean unha atmósfera placentera e tranquila.
Aquí tedes un resumo desta experiencia.


miércoles, 18 de noviembre de 2015

MARACAS

Sabíades que co envase dun iogur bebible, pintura, gomets e algún alimento como: lentellas, arroz, garabanzos..., podiamos facer unhas bonitas maracas.Mirade como soan...






Mirade como soan ...




lunes, 16 de noviembre de 2015

OS NOSOS ARCIMBOLDOS

A semana pasada estivemos a coñecer quen era Giuseppe Arcimboldo, pois, queriamos seguir facendo cadros con alimentos...
Foi un pintor italiano que pasou á historia polos seus orixinais retratos creados a partir de flores, froitas, animais e obxectos...
Nós quixemos facer algo parecido e ,a verdade, é que nos quedou moi bonito...
Aquí tedes os nosos Arcimboldos...


domingo, 15 de noviembre de 2015

OS NOSOS BODEGÓNS

Estivemos buscando en Internet Bodegóns...Observamos que eran pinturas ou cadros nos que se representaban alimentos como froitas e verduras...Decidimos,pois, facer os nosos Bodegóns.Coloreamos diversas froitas e veduras, recortámoslas e pegámoslas sobre un anaco de tea que facía de mesa.E este foi o resultado...




domingo, 8 de noviembre de 2015

CÓDIGOS QR : DE NOVO PIN DÉIXANOS UNHA MENSAXE

Que sorpresa!!De novo o noso amigo o extraterreste Pin enviounos unha nova mensaxe. Esta vez mandounos un sobre no que atopamos catro folios coas cores dos nosos equipos. En cada un deles aparecía un alimento e, ao seu lado, un código QR. Tiñamos que capturalo e así poderiamos averiguar en que conto aparecía cada alimento...

Esta era a mensaxe de Pin:





E estes son os folios que nos enviou:











Queredes  saber cales eran eses contos? Colle o teu móvil ou tablet e captura os códigos QR: