sábado, 29 de febrero de 2020

Día de san Valentín

Non é necesario mercar algo para amosar que queremos a unha persoa, á nosa nai, pai, fillos/as, avós, amigos, irmáns, irmás... tampouco é preciso amosalo un día determinado, o amor que teñamos por alguén hai que demostralo sempre. Pero porque non facer unha tarxeta para ese Día... Ademáis as miñas compañeiras agasalláronme con estes selos que empregamos despois.
Pois, os principiños quixémola facer e así de bonitiñas quedaron.



MAIOR OU MENOR QUE

Coa axuda deste crocodilos os nenos/as pouco a pouco irán descubrindo os valores dos signos matemáticos.
Trátase de que o crocodilo sempre quere comer máis cantidade, así, o poñeremos hacia a dereita o hacia a esquerda, interiorizando o significado maior que- menor que.










DÍA DA PAZ 2020

Este curso todo o alumnado xuntámonos no polideprtivo e, despois, de que cada curso recitase poesías ou cantase cancións relacionadas coa Paz, formamos o símbolo Da Paz. Tamén soltamos dúas pombas.










Chapas para a Paz

No colexio temos unha pequena máquina que nos permite facer chapas, así para o Día da Paz todos levamos a nosa chapa para lembrar que debemos vivir en igualdade, que todos somos diferentes pero débese tratarnos por igual.







Símbolo da paz

Este curso para celebrar a Paz e decorar os nosos pasillos fixemos entre todos un bonito símbolo da Paz, pintámolo da cor negra e, despois, coloreamos moitas flores para poder pegalas nel. E así quedou de bonito. Tamén escribimos palabras relacionadas coa Paz.






PROXECTO: A HORTA

Ao longo deste curso un dos proxectos que imos levar a cabo é " A HORTA". A verdade é que o noso centro conta cun pequeno espazo no que hai algúns anos comezamos co proceso de convertilo nunha horta.
Consideramos que é un tema moi interesante xa que podemos relacionala con outros importantes Como: o ciclo da vida, o recoñecemento das plantas como seres vivos, utilidades das plantas, tipos de alimentos, alimentación saludable, cores, formas, ferramentas...
Para poder introducir este proxecto intentei facelo dunha forma divertida para os nenos/as, así que preparei unha serie de retos que deberían conseguir para obter algo.Ese algo era a chave que abría a porta nosa horta.
Así creei un genially, onde aparecían unhos personaxes que habitaban a horta e lles pedían que superasen unha serie de retos.

-Zanahorín preséntase dicindo que unha bruxa, durante o verán, botou un feitizo na nosa horta e que está chea de malas herbas. Pídenos a nosa axuda para poder quitalas e facer unha horta en condicións, pero a bruxa malas herbas escondeu a chave que abre a porta da nosa horta e para poder recuperala é necesario que os nenos/as resovan unha seri de retos.

- Cabaciña preséntanos o primeiro dos retos,  deixáronnos na aula de Psicomotricidade un panel de Blue Boot cos resultados dunhas sumas, consiste, pois,  en resolver unha serie de sumas, despois coa axuda de Piki ( o noso Blue Boot) os nenos/deberán programalo para levalo ao resultado e, coa app Aurasma, captarán as imaxes qque non deberán esquecer, son imaxes de verduras, hortalizas e froitas que non deberán esquecer.



















- O seguinte dos retos consiste en elexir a un compañeiro/a de cada equipo para que escriba na PDI o nome dunha das imaxes que vimos no reto anterior. Despois, cada equipo deberá formar a palabra coa abecedario das letras minúsculas, asociando desta forma maiúsculas- minúsculas.























- O terceiro reto consistía en resolver na PDI unha serie de puzzles que contiñan un número e, deberían anotar os números para poder utilizalos no seguinte reto.









- O 4º dos retos consistiría en descompoñer os números que aparecían no reto anterior e, como eran, decenas, e xa estivéramos traballando con elas, decidiron descompoñer cos discos traslúcidos na mesa de luz. desta forma conseguirían un código QR que está escondido na clase e que lles indicará onde está a chave.





Unha vez que atopamos o código, capturámolo e apareceu a imaxe do noso patio, puxémonos en fila e fomos a buscar moi nerviosos, en cuestión de segundos atopamos un pequeno cofre de madeira, no seu interior estaban as chaves da nosa horta. Xenial, conseguímolo!!!
Desta forma, dirixímonos a nosa horta e puidemos ver que estaba moi descoidada, era hora de comezar a traballar para poñela en condicións.









Deixo aquí o Genially que indica todo o proceso que seguimos para resolver os retos.