lunes, 16 de febrero de 2015

BONECOS DE NEVE

Esperamos que vos gusten estes lindos bonecos de neve que fixemos para adornar os nosos pasillos.





SUEÑO DE NIEVE

Esta semana contamos este conto na clase e fixemos as actividades. Fai clic na imaxe.

ENTROIDO

O venres 13 de febreiro celebramos o Entroido no noso centro, está é unha mostra do guapos que iamos ese día.... Esperamos que vos guste!!!




Marta Ponte de Slidely by Slidely Slideshow

Se queredes ver máis, darlle a este enlace: ENTROIDO 2015

domingo, 15 de febrero de 2015

DANZA INDIA


Dado que este ano fomos disfrazados de indios, aprendemos unha canción india, esperemos que vos guste...




LIM SOBRE AS VACAS

Con este Lim estamos a aprender un montón de cousas sobre as vacas, xogamos? Fai clic na imaxe para xogar.








Poesía A VACA


Estamos a aprender esta poesía sobre as vacas, pronto faremos unha actuación na Biblioteca e queremos recitala...


AÍ VÉN POLAS VEIGAS              
A SEÑORA VACA, 
PASENIÑO A PASO
CAMIÑO DA CASA.
FALANDO COS OLLOS,
QUE É COMO ELA FALA
ENTROU NO CORTELLO
A SEÑORA VACA.

Que son fan as vacas?

Todos sabiamos que son fan as vacas pero xogamos a adiviñar animais polo seu son,

Queres xogar??


PARTES DO CORPO DUNHA VACA

Xa estamos a coñecer as partes máis importantes do corpo das vacas e xa está listo no noso corcho estas partes.

TIPOS DE VACAS

Estivemos a mirar que tipos de vaca era máis comúns en Galicia e, descubrimos tres tipos:

A VACA RUBIA





A VACA PINTA





A VACA CACHENA

Esta última tiña os cornos máis longos cas demáis, é dá un leite de excelente calidade.

No noso corcho estamos a montar todos os contidos que coñezamos destes animais.


Tamén coloreamos unha vaca pinta e con pintura de dedos fixemos a herba.


sábado, 14 de febrero de 2015

O NOME

Contamos entre todos as letras que hai no nome de "vaca". Buscamos entre os nosos nomes esas letras e, finalmente formamos o nome de VACA, con letras soltas.



COÑECEMOS ALGO MÁIS SOBRE AS VACAS...

Vimos este vídeo e, tamén, escoitamos a canción A VACA LOLA.



QUE SABEMOS DAS VACAS

Este 2º Timestre comezamos a traballar o primeiro proxecto deste curso: AS VACAS. O proxecto comezou partindo do que xa saben os nenos e nenas sobre este animal. As respostas foron variadas, algunhas delas foron: come herba, vive no campo, ten cola,fai muuuuu..., dan leite, son blancas e negras, teñen cabeza... A partir destas respostas lles mostrei unha foto dunha vaca e lles lin unha adiviña que ven noso proxecto.

Así que sabedes que é:

 DÚAS TORRES ALTAS,
DOUS MIRADORES,
UN ESPANTAMOSCAS
E CATRO ANDADORES.

QUEN SON?


jueves, 12 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos todos xuntos o Día da Paz. Cada clase levaba un paraugas decorado por eles mesmos, foi un día especial... Aquí tedes un resumo desta celebración, espero que vos guste...



Marta Ponte de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 2 de febrero de 2015