sábado, 14 de febrero de 2015

QUE SABEMOS DAS VACAS

Este 2º Timestre comezamos a traballar o primeiro proxecto deste curso: AS VACAS. O proxecto comezou partindo do que xa saben os nenos e nenas sobre este animal. As respostas foron variadas, algunhas delas foron: come herba, vive no campo, ten cola,fai muuuuu..., dan leite, son blancas e negras, teñen cabeza... A partir destas respostas lles mostrei unha foto dunha vaca e lles lin unha adiviña que ven noso proxecto.

Así que sabedes que é:

 DÚAS TORRES ALTAS,
DOUS MIRADORES,
UN ESPANTAMOSCAS
E CATRO ANDADORES.

QUEN SON?


No hay comentarios:

Publicar un comentario