miércoles, 31 de octubre de 2018

OS BONECOS DO SILENCIO

Esta idea quiteina do Blog   EL RINCÓN DE APRENDER . Este curso somos 26 nenos e nenas e, ás veces, hai moito ruido, o que impide levar a cabo determinadas actividades que requiren atención e concentración. Así mesmo, pola miña parte, intento falar cun ton máis baixo na clase e , esto unido a estes pequenos bonecos tan simpáticos, estamos intentando lograr que o ruido na clase non sexa tan excesivo.
Así que cando imos facer unha actividade que precise una maior concentración, repartimos a cada un dos alumnos/as o seu boneco do silencio, e se falan en alto ou molestan, sinalamoslles o seu boneco para que recorden que non lles gusta o ruido, se o ruido persiste , quítolles o boneco. A verdade é que non lles gusta nada quedarse sen o seu bonequiño.




BLOQUES LÓXICOS

Existen numerosas actividades para traballar cos bloques lóxicos, son un material imprescindible para traballar o razonamento lóxico-matemático na etapa de Educación Infantil.

A partir das tarxetas, a actividade que fixemos consistía en clasificar os bloques según os atributos que nos sinalaba a tarxeta, así puidemos clasificar por cores, tamaños e formas...





lunes, 29 de octubre de 2018

NÚMERO E CANTIDADE

A asociación número- cantidade é un reto matemático que se plantexa aos nosos alumnos/as, e intentamos traballalo de forma atractiva para captar a súa atención.
Neste caso empregamos unhas tarxetas nas que aparecen a grafía do número e as pezas de construcción que debemos empregar para facer unha torre.
Estas tarxetas conseguinas en Pinterest, xa o curso pasado,  e non me lembro moi ben a quen pertencían.



EQUIVALENCIAS

Dous conxuntos son equivalentes cando conservan a súa cardinalidade, é dicir, teñen o mesmo número de elementos, independentemente de que estos sexan iguais ou distintos entre os dous conxuntos a comparar.
A través de esta actividade, establecimos equivalencias.



domingo, 28 de octubre de 2018

A NOSA CARA

Repasamos o esquema corporal. Comezamos coa nosa cara e utilizamos a APP Blackboard.
Mentres a debuxabamos os demáis podían velo na PDI.
A verdade é que lles gustou moito.











Aniversario Esther

Toda unha campeona, ademáis o día anterior naceu o seu irmán Diego!! Felicidades preciosa!!


Aniversario Uxía Ferreiro

Moitas felicidades principiña, xa tes 4 anos!!



ANIVERSARIO IAGO

Un dos primeiros principiños en cumplir anos este curso!!





ASAMBLEA

Dado que este curso seguimos participando en Voz Natura, un dos proxectos que imos levar a cabo será OS BOSQUES.
Este curso intentei personalizar un pouco o panel da asamblea, para facelo máis colorido e tendo en conta este proxecto tan bonito e motivador para os nosos principiños. Todas as imaxes quiteinas de Internet, así que si algún observa que algunha delas están suxeitas a dereitos de autor, pido que me avisen e serán retiradas. Todo o publicado neste Blog ten fines meramente educativos.
E así é como queda o noso panel da asamblea.
Deixo as imaxes por si alguén as quere imprimir e utilizar.























TRES ALUMNOS NOVOS

Este curso somos 26 nenos/as en total.
Estes son os novos principiños da nosa clase!!

ARTHUR : Ven de Brasil.

PATHE: Ven de Senegal

PEDRO: É  de Meicende.



BENVIDOS AO CURSO 2018/2019

Xa era hora de que comezáramos a publicar os noso traballos e actividades. A verdade é que non tiven moito tempo, pois, estou a preparar moitos materiais, fichas, actividades e indagando sobre diferentes recursos que fagan que este curso os principiños estén motivados e encantados de vir á nosa clase.
Así que, pouco a pouco, irei actualizando o Blog e publicando todos estes traballos que os principiños facemos con moita ilusión.

BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO!!