miércoles, 29 de enero de 2020

Mural samaín

E como xa estabamos a piques de celebrar o Samaín e o Magosto e para dar un pouco de cor a esta celebración, os principiños pintaron estes bonitos esqueletos para darlle vida  ao noso mural.










CABAZAS 2019

Xa para decorar os nosos pasillos os principiños deron cor a estas preciosas cabazas que atopei en Pinterest. Só deixáballes colorear con 4 cores. Quedaron preciosas e o resultado final foi moito bonito e cheo de cor.

















ACTUACIÓN "DIME QUE FIXECHES E ONDE ESTIVECHES"

Este curso a actuación na biblioteca foi unha canción de Migallas: Dime que fixeches e onde estiveches. A verdade é que este curso deilles a oportunidade de elexila a eles, púxenlles 3 cancións e esta foi a que máis lles gustou.
Para o día da actuación fixemos estes sombreiros que quedaron chulísimos coa axuda de Ana a coidadora.









 Aquí tedes aos principiños en plena actuación.






martes, 28 de enero de 2020

CALENDARIO

Este curso para o calendario do centro, os principiños fixemos un mural sobre a horta, xa que esta era o tema central.
Pintamos diferentes tipos de verduras e hortalizas que despois fomos incorporando ao mural central previamente pintado. Penso que quedou moi bonitiño.












ACTUACIÓN FIN DE CURSO 2019

E por fin farei a publicación da actuación de fin de curso do ano pasado. Pouco a pouco irei poñendo as publicacións deste curso.