sábado, 30 de diciembre de 2017

Os pitiños teñen o corpo cuberto de plumas

Pouco a pouco imos coñecendo cousas sobre os pitiños e, aínda que xa sabiamos que o seu corpo está cuberto de plumas, investigamos un pouquiño sobre os animais que teñen plumas. Este grupo é o das aves e coñecimos moitas cousas sobre elas a partir deste vídeo.




Postais solidarias

Como todos os anos, os principiños colaboramos facendo estas bonitas postais de Nadal uníndonos á campaña de axudar aos que  o necesitan.





Mural Pitiños

De que cor son os pitiños?
Todos sabían que os pitiños son de cor amarela, pero descoñecían que tamén había pitiños brancos e negros.
Coa silueta dun pitiño pintámola de cor amarela e puxémoslle a nosa foto.Con todos os pitiños e, coma non, coa súa mestra, a galiña, fixemos un mural. Esperamos que vos guste.


Os pitiños

Un dos proxectos que imos traballar ao longo deste curso é " Os Pitiños". Para comezar este proxecto pedimos a colaboración das familias pedíndolles que aportasen información relacionada co tema.Con todo o aportado puidemos facer o recuncho dos Pitiños e así de bonito nos quedou.
Dar as grazas ás familias pola vosa colaboración e felicitarvos polo grande traballo que fixestes.











O número 1

Comezamos a coñecer o número 1.
Pretendemos que os nenos/as recoñezan a grafía pero tamén asocien esta coa cantidade e, para iso, traballamos con diferente materiais.
Fixemos un xogo que consistía en que cada neno/a collese unha carta (estas cartas impriminas do Blog Aula de la maestra Laura). Mirabamos a cor, a cantidade de puntos ou dedos levantados e, despois, a poñiamos no lugar correspondente. Tamén utilizamos pinchos e bloques de construcción grandes para asociar cor e cantidade.