sábado, 30 de diciembre de 2017

O número 1

Comezamos a coñecer o número 1.
Pretendemos que os nenos/as recoñezan a grafía pero tamén asocien esta coa cantidade e, para iso, traballamos con diferente materiais.
Fixemos un xogo que consistía en que cada neno/a collese unha carta (estas cartas impriminas do Blog Aula de la maestra Laura). Mirabamos a cor, a cantidade de puntos ou dedos levantados e, despois, a poñiamos no lugar correspondente. Tamén utilizamos pinchos e bloques de construcción grandes para asociar cor e cantidade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario