miércoles, 31 de octubre de 2018

OS BONECOS DO SILENCIO

Esta idea quiteina do Blog   EL RINCÓN DE APRENDER . Este curso somos 26 nenos e nenas e, ás veces, hai moito ruido, o que impide levar a cabo determinadas actividades que requiren atención e concentración. Así mesmo, pola miña parte, intento falar cun ton máis baixo na clase e , esto unido a estes pequenos bonecos tan simpáticos, estamos intentando lograr que o ruido na clase non sexa tan excesivo.
Así que cando imos facer unha actividade que precise una maior concentración, repartimos a cada un dos alumnos/as o seu boneco do silencio, e se falan en alto ou molestan, sinalamoslles o seu boneco para que recorden que non lles gusta o ruido, se o ruido persiste , quítolles o boneco. A verdade é que non lles gusta nada quedarse sen o seu bonequiño.




No hay comentarios:

Publicar un comentario