sábado, 29 de febrero de 2020

PROXECTO: A HORTA

Ao longo deste curso un dos proxectos que imos levar a cabo é " A HORTA". A verdade é que o noso centro conta cun pequeno espazo no que hai algúns anos comezamos co proceso de convertilo nunha horta.
Consideramos que é un tema moi interesante xa que podemos relacionala con outros importantes Como: o ciclo da vida, o recoñecemento das plantas como seres vivos, utilidades das plantas, tipos de alimentos, alimentación saludable, cores, formas, ferramentas...
Para poder introducir este proxecto intentei facelo dunha forma divertida para os nenos/as, así que preparei unha serie de retos que deberían conseguir para obter algo.Ese algo era a chave que abría a porta nosa horta.
Así creei un genially, onde aparecían unhos personaxes que habitaban a horta e lles pedían que superasen unha serie de retos.

-Zanahorín preséntase dicindo que unha bruxa, durante o verán, botou un feitizo na nosa horta e que está chea de malas herbas. Pídenos a nosa axuda para poder quitalas e facer unha horta en condicións, pero a bruxa malas herbas escondeu a chave que abre a porta da nosa horta e para poder recuperala é necesario que os nenos/as resovan unha seri de retos.

- Cabaciña preséntanos o primeiro dos retos,  deixáronnos na aula de Psicomotricidade un panel de Blue Boot cos resultados dunhas sumas, consiste, pois,  en resolver unha serie de sumas, despois coa axuda de Piki ( o noso Blue Boot) os nenos/deberán programalo para levalo ao resultado e, coa app Aurasma, captarán as imaxes qque non deberán esquecer, son imaxes de verduras, hortalizas e froitas que non deberán esquecer.



















- O seguinte dos retos consiste en elexir a un compañeiro/a de cada equipo para que escriba na PDI o nome dunha das imaxes que vimos no reto anterior. Despois, cada equipo deberá formar a palabra coa abecedario das letras minúsculas, asociando desta forma maiúsculas- minúsculas.























- O terceiro reto consistía en resolver na PDI unha serie de puzzles que contiñan un número e, deberían anotar os números para poder utilizalos no seguinte reto.









- O 4º dos retos consistiría en descompoñer os números que aparecían no reto anterior e, como eran, decenas, e xa estivéramos traballando con elas, decidiron descompoñer cos discos traslúcidos na mesa de luz. desta forma conseguirían un código QR que está escondido na clase e que lles indicará onde está a chave.





Unha vez que atopamos o código, capturámolo e apareceu a imaxe do noso patio, puxémonos en fila e fomos a buscar moi nerviosos, en cuestión de segundos atopamos un pequeno cofre de madeira, no seu interior estaban as chaves da nosa horta. Xenial, conseguímolo!!!
Desta forma, dirixímonos a nosa horta e puidemos ver que estaba moi descoidada, era hora de comezar a traballar para poñela en condicións.









Deixo aquí o Genially que indica todo o proceso que seguimos para resolver os retos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario