lunes, 19 de noviembre de 2012

LIM SOBRE A TOUPA

http://chiscos.net/almacen/lim/a_toupa/a_toupa.html

Se pinchades neste enlace poderedes entrar nun libro interactivo que traballamos na clase sobre a toupa.O son non é moi bo pero aparecen as voceciñas dos principiños...

Aniversario PABLO MAROÑO E HUGO VARELA


O día 19 de outubro celebramos dous aniversarios: Hugo Varela e Pablo Maroño xa teñen 4 anos... FELICIDADES!!!!

Aniversario de Joel

O 17 de outubro celebramos o aniversario de Joel, xa teN catro aniños e, ademáis, está moi traballador... FELICIDADES!!!

INFORMACIÓN


Días previos a comezar o noso pequeno proxecto enviamos unha carta ós pais para que aportaran información sobre este animal, gracias a esta información puidemos aprender moitas cousas. Toda a información fómola poñendo nun corcho e así quedou o espacio da toupiña.

MURAL





Relacionado coa toupa e para colaborar coa elaboración do calendario do colexio, fixemos un mural sobre o conto "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA" Entre todos escribimos unha carta ó escritor para comentarlle o moito que nos gustou este conto...

A TOUPA

O primeiro proxecto que se propuso este curso trata sobre un animal do que descoñeciamos moitísimas cousas:A TOUPA. A través de información que pais e nais aportaron (fotografías, debuxos, contos...) puidemos coñecer un pouco máis sobre a vida deste pequeno animal: morfoloxía, alimentación, crecemento, reproducción e habitat...

INICIO CURSO

Este ano comezamos o curso con moita ilusión, xa estamos na clase de 4 anos e xa non somos os máis pequenos do colexio, ademáis temos dous compañeiros/as novos: Ainoa e Samuel.