domingo, 1 de noviembre de 2015

VOZ NATURA

Durante o curso 2014-2015 o noso proxecto de Voz Natura xirou en torno a creación dun horto. Grazas a axuda do meu sogro e de todos os nenos e nenas do noso centro e a colaboración dos profes, esto foi posible. Aquí podedes ver como iniciamos este proxecto e como, pouco a pouco, puidemos crear o noso horto.

PINTAMOS CON CHOCOLATE

Foi unha experiencia divertida e moi saborosa...



CASITAS DE CHOCOLATE

Dado que estivemos o curso pasado traballando o proxecto O Choccolate, quedábanos por facer algunha recita con este doce. Así que puxémonos a traballar e o resultado foi unha riquísima casiña que comimos encantados.


VISITA MACUF

Creo que foi unha das visitas que máis lles gustaron aos nosos principiños. Alí déronnos a oportunidade de coñecer as distintas profesións que hai dentro dun museo, a través dunha representación teatral que facían polas distintas salas.


CONCERTO PACO NOGUEIRA

Polo mes de maio do curso pasado e, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, tivemos na Biblioteca do noso cnetro un concerto de Paco Nogueira. A verdade é que o pasamos todos xenial cantando e bailando...





domingo, 25 de octubre de 2015

VISITA A BONILLA

No mes de maio fomos a Bonilla. Foi unha visita moi interesante, pois, puidemos  ver o proceso de elaboración das patacas fritas . Gustounos un montón...



PUBLICACIÓNS

Hola, xa hai moito tempo que neste Blog non hai publicacións, pedirvos disculpas e decirvos que pouco a pouco irei publicando moitas das cousiñas que os principiños e principiñas fixemos o curso pasado e as que estamos a facer.