D
ESTE BLOG AMOSA OS TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS E NENAS DE 4 anos DO CEIP SAN XOSÉ OBREIRO EN MEICENDE
miércoles, 23 de marzo de 2016
VELÁZQUEZ
No Museo do Prado está exposta unha das obras maestras da nosa pintura: As meninas. Puidemos aprender moitas cousas deste cadro, ademáis, sabiades que Velázquez non lle puxo ese nome??
D
D
MUSEO DO PRADO
GRANDE!!! Eso é o que dixeron os principiños cando visitamos( a través de Internet) o Museo do Prado. Puidemos ver nun mapa onde se atopaba e como podiamos ir ata Madrid .A través dun vídeo de Youtube coñecimos este Museo tan famoso e observar as obras maestras que alí podemos atopar.
O QUE NOS CONTAN OS CADROS
Os cadros cóntannos historias, fálannos das paisaxes, de cidades...pero tamén de lugares creados na imaxinación do pintor. Cóntannos como eras as persoas doutras épocas, cales eran as súas costumes, as súas actividades...
Nós tamén contamos historias a través dos nosos cadros...
Mondrian
Ao longo deste proxecto ademáis de coñecer museos, observamos e interesámonos pola obra de diferentes pintores. Un deles foi Mondrian. Chamounos a atención a súa obra, e a partir das súas composicións fixemos a nosa propia. Cada un eleximos un animal e o pintamos tal e como fixo Mondrian.
NON TODOS OS MUSEOS SON IGUAIS
Durante este proxecto comprobamos que non todos os museos expoñen cadros ou esculturas, senón que hai diferentes tipos de museos: museos científicos, de xeoloxía e zooloxía, museos militares...A nós gustounos un montón o museo de cera en Madrid e o museo dos xoguetes en Teruel.
Queredes vivitalos?? Premede nas imaxes
Queredes vivitalos?? Premede nas imaxes
OS MUSEOS
Neste 2º trimestre os principiños coñecimos moitísimas cousas sobre os museos. Coma sempre, cando iniciamos un novo proxecto partimos dos seus coñecementos previos, sabían que íamos a ver cadros aos museos, que non podiamos andar tocando, que había cousas antigas...
Puidemos comprobar que no noso país hai unha gran variedade de museos, moitos deles moi importantes. Tamén recordamos a nosa visita o ano pasado á Domus.
E vós, queredes ver todas as cousas que os principiños fixemos ao longo deste trimestre??
Puidemos comprobar que no noso país hai unha gran variedade de museos, moitos deles moi importantes. Tamén recordamos a nosa visita o ano pasado á Domus.
E vós, queredes ver todas as cousas que os principiños fixemos ao longo deste trimestre??
AGASALLOS
Á volta do Nadal todos puidemos taer algún agasallo, a verdade é que os principiños deberon portarse moi ben...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




