lunes, 9 de julio de 2012



Escribimos o nome de XIRAFA e coloreamos unha con rotuladores, encántanos colorear cos rotuladores....

Xirafas de cores



Fixemos unhas bonitas xirafas de cores...

ONDE VIVEN AS XIRAFAS


Estivemos mirando un vídeo sobre a sabana africana, pois, é onde viven a maioría das xirafas en liberdade

MURAL



Entre todos fixemos unha cabeza de xirafa, quedou preciosa...

AS XIRAFAS SON MAMÍFEROS


Despois de mirar algún que outro vídeo en youtube estivemos a analizar as características dos mamíferos: teñen ósos, pelo, nacen no ventre da nai, beben leite cando son crías...As xirafas son mamíferos coma nós.

Queridos niñ@s , o día 22 foi o último día dun curso moi especial para min xa que levaba moito tempo sen traballar cun grupo tan numeroso.De feito tiña un pouco de medo pero quero que saibades que foi moi bonito aprender de vós tantas cousas, é moi gratificante cada aprendizaxe que realizades e sodes todos unhos campeóns!!!Disfrute moito das vacacións que xa era hora de descansar despois de tanto traballo.Vémonos en setembro.

miércoles, 27 de junio de 2012

TEATRO



O día 16 de maio fomos ver unha representación teatral: "A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ". A  verdade é que foi unha obra moi simpática e gustounos moito