domingo, 20 de enero de 2019

Repartos regulares con dous

Mamá osa e o seu filliño foron convidados a unha festa, así foi como comezamos esta actividade que fixemos en gran grupo.
Cada un tiña un plato e o obxectivo era repartirlles un número de caramelos para que os dous tivesen a mesma cantidade( os caramelos son pedriñas de cores).
- Comezamos con dous: ¿Cántos caramelos lles podemos dar a cada un para que teñan a mesma cantidade? Contestaron rápidamente que 1 caramelo para cada un.
- Probamos con catro caramelos e volvín a facerlles a mesma pregunta. Rápidamente contestaron que eran dous para cada un.
- Probamos con 6 e aquí comezou a complicarse a cousa, aunque algún dixo que eran 3 caramelos para cada un.
- Seguimos con 8, a partir de aquí o neno que repartía comezou a realizar un reparto, un para mamá outro para o seu fillo, así ata acabar os 8 caramelos, despois contamos os que había en cada plato, e vimos que eran 4 para cada un.
- Chegamos a 10 caramelos e o reparto fixérono do mesmo xeito que con 8 caramelos.
Esta foi a primeira vez que fixemos esta actividade, creo que para ter 4 anos son todo unhos campeóns.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario