martes, 19 de marzo de 2019

Aprendemos a reciclar

Tivemos a visita duns monitores do Concello de Arteixo que viñeron a explicarnos onde debemos depositar os diferentes tipos de lixo, para así poder contribuir á conservación do noso entorno e a nosa natureza.Foi un obradoiro divertido e, a súa vez, moi práctico. Coñecimos os diferentes tipos de colectores que hai e, tamén, sabemos  o que temos que  depositar en cada un deles.






No hay comentarios:

Publicar un comentario