martes, 2 de enero de 2018

Nadal 2017

Este ano a nosa árbore de Nadal é máxica. Grazas aos marcadores da app Christmas AR a nosa árbore cobra vida. Aos nosos principiños encantoulles. Tedes que desculpar pola calidade do vídeo.
Que vos parece?











Canción Pollito Lito

Esta canción encántanos...


sábado, 30 de diciembre de 2017

Os pitiños teñen o corpo cuberto de plumas

Pouco a pouco imos coñecendo cousas sobre os pitiños e, aínda que xa sabiamos que o seu corpo está cuberto de plumas, investigamos un pouquiño sobre os animais que teñen plumas. Este grupo é o das aves e coñecimos moitas cousas sobre elas a partir deste vídeo.




Postais solidarias

Como todos os anos, os principiños colaboramos facendo estas bonitas postais de Nadal uníndonos á campaña de axudar aos que  o necesitan.





Mural Pitiños

De que cor son os pitiños?
Todos sabían que os pitiños son de cor amarela, pero descoñecían que tamén había pitiños brancos e negros.
Coa silueta dun pitiño pintámola de cor amarela e puxémoslle a nosa foto.Con todos os pitiños e, coma non, coa súa mestra, a galiña, fixemos un mural. Esperamos que vos guste.


Os pitiños

Un dos proxectos que imos traballar ao longo deste curso é " Os Pitiños". Para comezar este proxecto pedimos a colaboración das familias pedíndolles que aportasen información relacionada co tema.Con todo o aportado puidemos facer o recuncho dos Pitiños e así de bonito nos quedou.
Dar as grazas ás familias pola vosa colaboración e felicitarvos polo grande traballo que fixestes.











O número 1

Comezamos a coñecer o número 1.
Pretendemos que os nenos/as recoñezan a grafía pero tamén asocien esta coa cantidade e, para iso, traballamos con diferente materiais.
Fixemos un xogo que consistía en que cada neno/a collese unha carta (estas cartas impriminas do Blog Aula de la maestra Laura). Mirabamos a cor, a cantidade de puntos ou dedos levantados e, despois, a poñiamos no lugar correspondente. Tamén utilizamos pinchos e bloques de construcción grandes para asociar cor e cantidade.