domingo, 20 de enero de 2019

As raíces

Unha das partes principais das plantas son as raíces, agora os principiños xa sabemos que función tan importante cumple esta parte das plantas e das nosas árbores.













Grafismo: Follas do outono

A verdade é que este tipo de actividade gústalles un montón, e os resultados son preciosos.
Intentan controlar os trazos, están moi centrados e atentos.
Vendo traballos do outono en Blogs como La Clase de Miren , comecei a levar a cabo este tipo de actividades xa o curso pasado.
De momento, imos introducindo, pouco a pouco, novos trazos.




Partes das árbores

Confeccionamos unha árbore co fin de coñecer as partes máis importantes e, pouco a pouco, saber que funcións teñen cada unha delas. Pero as nosas árbores tamén lles puxemos flores e froitos, aínda que xa sabemos que non todas as posúen.





As árbores son o fogar de moitos animais.

Cada día descubrimos a importancia das árbores nas nosas vidas pero tamén son importantes porque nelas viven moitos animaliños, días anteriores falamos sobre este tema e de entre todos os animais que foron dicindo fixemos unha ficha cos que eles elixiron.



Despois fixemos un debuxo no que tiñan que aparecer unha árbore, ou ben, animais que viven no bosque... É impresionante o ben que debuxan, polo menos para mín.




















Necesidades das árbores e plantas

Pouco a pouco, imos coñecendo máis cousas sobre as árbores e esto levounos a falar sobre que necesitarían as árbores para poder vivir. O que tiñan moi claro era que precisaban auga, e lembramos un pouquiño o vídeo que viramos sobre estes seres.

O resultado plasmámolo nesta ficha.




Proyecto Os Bosques: As árbores

Pois, dado que os principiños, como ideas previas ao Proxecto dos Bosques comentaron que neles había moitas árbores, comezamos a interesarnos por estes seres vivos e coñecer un pouquiño másis sobre elas.

 Vimos este vídeo sacado de youtube e comezamos a darnos conta de aunque son seres que non se moven, si son seres vivos porque nacen, crecen, reprodúcense e morren.









Repartos regulares con dous

Mamá osa e o seu filliño foron convidados a unha festa, así foi como comezamos esta actividade que fixemos en gran grupo.
Cada un tiña un plato e o obxectivo era repartirlles un número de caramelos para que os dous tivesen a mesma cantidade( os caramelos son pedriñas de cores).
- Comezamos con dous: ¿Cántos caramelos lles podemos dar a cada un para que teñan a mesma cantidade? Contestaron rápidamente que 1 caramelo para cada un.
- Probamos con catro caramelos e volvín a facerlles a mesma pregunta. Rápidamente contestaron que eran dous para cada un.
- Probamos con 6 e aquí comezou a complicarse a cousa, aunque algún dixo que eran 3 caramelos para cada un.
- Seguimos con 8, a partir de aquí o neno que repartía comezou a realizar un reparto, un para mamá outro para o seu fillo, así ata acabar os 8 caramelos, despois contamos os que había en cada plato, e vimos que eran 4 para cada un.
- Chegamos a 10 caramelos e o reparto fixérono do mesmo xeito que con 8 caramelos.
Esta foi a primeira vez que fixemos esta actividade, creo que para ter 4 anos son todo unhos campeóns.