lunes, 2 de noviembre de 2015

Alimentos

Despois de varios días falando sobre os alimentos,sobre o que nos gusta comer, que nos aportan...tivemos unha sorpresa moi especial.
Un extraterrestre deixounos unha mensaxe: dicía que quería coñecer os alimentos tan ricos que tiñamos os humanos, e que nos axudaban a medrar e estar sans.
Dicíanos que nos mandara unha carta.Nela aparecían catro códigos QR e se eramos capaces de lelos, poderíamos ver catro ingredientes,con eles se facía un alimento moi rico e que formaba parte da nosa alimentación diaria. Pedíanos a nosa axuda, pois, quería saber cal era ese alimento.
Aquí tedes a mensaxe



Todos puxémonos un pouco nerviosos, pero onde estaba a carta de PIN?
Ao pouco troxéronnos un sobre, dentro estaba escrito.: Tedes catro códigos QR escondidos no voso patio. Puxémonos en fila e fomos ao patio, alí buscamos e atopamos os códigos.








Unha vez na clase collimos o IPAD e puidemos ver que os códigos escondían as imaxes de sal, auga, fariña e levadura.







E que alimento se facía con eses ingredientes?Falaron de pizza, de bizcoito...pouco apouco adiviñamos entre todos que se trataba do PAN.

PASÁMOLO XENIAL...


2 comentarios: