viernes, 6 de noviembre de 2015

CÓDIGO QR DA NOSA CLASE

Dado que este curso comezamos a traballar con IPADs, o noso traballo empezou con algo doado pero á vez moi útil: os códigos QR.

Pregunteilles aos principiñ@s se sabían o que era e, despois, buscamos en Internet un código QR. A maioría dixo que era un debuxo, un cadrado, un puzle... Non sabían o que era. Intentei explicarlles que era un código e tras el podíamos obter unha información, unha imaxe, un vídeo... Quizás foi algo difícil de entender pero, entón, collimos o IPAD e comezamos a ler o código que acabaramos de buscar, desta forma puideron ver como este código estaba asociado a unha imaxe.

Pasados uns días, xa que sabiamos o que era un código QR, intentamos crear un. Para iso buscamos un xerador de códigos QR. Entramos na páxina UNITAG e alí puidemos observar que podíamos porlle cor, formas e un logo ao noso código.
Fomos dándolle forma e chegamos ao principal,tiñamos que buscar unha imaxe, unha información, un vídeo o un blog para asocialo ao noso código. Decidimos que fora o do noso blog. Así sempre que alguén o capturase podería ver as cousas que facemos.













Este foi o resultado.




Veña, collede o voso móvil ou tablet e animádeos a capturar este código.



No hay comentarios:

Publicar un comentario