lunes, 2 de abril de 2018

O NÚMERO PROTAGONISTA

Esta idea quiteina do Blog: El aula de la maestra Laura e,  a verdade é que aos principiños lles encanta. Todos os días o encargado completa o panel do número protagonista. As actividades a realizar co número que esteamos traballando son:
- Facer o trazo seguindo un modelo.
- Facer o trazo sen ningún modelo.
- Levantar tantos dedos como o número indicado.
- Poñer nun vaso tantos paliños como o número que traballemos.
- Poñer as tarxxetas co número de elementos equivalente ao número protagonista.
- Recoñecer a palabra que designa a ese número.
- Poñer tantas tartarugas no autobus como o número protagonista.
- Poñer tantas estrelas...
- Descomposición dese número.






No hay comentarios:

Publicar un comentario