domingo, 1 de abril de 2018

Panel nome do encargado

Esta idea quiteina do Blog: Rincón de una maestra. A verdade é que me gustou moito pero aos principiños lles encanta.

Convertiuse nunha rutina da aula que consiste en diversas actividades que xiran en torno ao nome do encargado da clase: buscamos as letras que forman o noso nome, escribimos o noso nome con tiza, miramos que vocais hai en noso nome, porque letra comeza e por cal remata e, por último, contamos as letras que forman o noso nome e dicimos se é longo ou curto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario