martes, 15 de mayo de 2018

Google Earth

Esta aplicación é impresionante, pois, podemos achegarnos a calquera rincón do noso planeta.
Cando abrimos a aplicación podemos observar o noso planeta e, desta forma, os principiños puideron comprobar que nel  hai moita máis auga que terra.


 Despois, buscamos Meicende e, pouco a pouco, fómonos achegando ata o noso colexio. Puidemos ver que preto del hai un encoiro. A verdade e que lles encantou, e en breve, volveremos a utilizala...








No hay comentarios:

Publicar un comentario