sábado, 3 de noviembre de 2018

CABAZAS MONSTRUOSAS

Este curso para decorar o pasillo de Educación Infantil decidimos facer unha cabaza. Pero esta cabaza ía ser un pouco mostruosa e a íamos decorar partindo dunha consigna.
En primeiro lugar pintámola de cor laranxa, e puxémoslle unha boca. Despois para decorala empregamos unhos dados, un de cada cor.
Para poñerlle os dentes tiramos os dous dados, contabamos os puntos e ese sería o números de dentes que ía ter a nosa cabaza. Despois, volvimos tirar un so dado, e o número de puntos indicaba o número de ollos que poñeriamos na nosa cabaza. Desta forma, aproveitamos a decoración para facer unha actividade de conteo e, tamén de suma...

E así quedaron as nosas cabaciñas monstruosas...



No hay comentarios:

Publicar un comentario