sábado, 3 de noviembre de 2018

RINCÓN DO BOSQUE

Como xa publiquei  noutra entrada, este curso imos levar a cabo un Proxecto sobre os Bosques. A nosa intención e ir decorando a nosa clase, pouco a pouco, e convertila nun bosque.
Para poder levar a cabo esta iniciativa e comezar a nosa decoración, pedimos axuda as familias. A verdade é que, a clase vaise quedar pequena con tanto material que estades a traer. Agradezo moito a vosa colaboración, pois, esta motiva moitísimo aos principiños.
 Moitas grazas familias, grazas pola vosa axuda e a vosa colaboración sempre que volo pedimos. 


















No hay comentarios:

Publicar un comentario