domingo, 7 de abril de 2019

SUMAMOS

Aínda que xa fixemos moitas sumas, propuxemos aos nenos e nenas a realización destas a partir dunhas tarxetas con mans, que imprimín no Blog: ELBLOG DE LAS MAESTRAS LUCÍA Y MAITE.   

En primeiro lugar, contabamos os dedos que había nunha man e identificabamos co número, despois, faciamos o mesmo cos dedos da outra. Ao final preguntáballes: ¿ Cantos dedos hay levantados en total? E eles procedían a contar o total e collían o número correspondente.

Despois, nun segundo paso, contabamos os dedos,  localizabamos o número e representabamos a cantidade con pedriñas, faciamos o mesmo coa outra man e, finalmente, contabamos todos os dedos e tamén as pedriñas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario