lunes, 22 de abril de 2019

VOCABULARIO DEL BOSQUE: ROBÓTICA, REALIDADE AUMENTADA, IPADS E MESA DE LUZ

Para levar a cabo esta actividade tíñamos que estar moi ben organizados.Cada grupo tiña unha ferramenta (blueboot, IPADS e  mesa de luz) para poder realizala.
A nosa clase está dividida en catro grupos: raposos, sapos, esquíos e paxaros .Así pois, repartimos a cada grupo unha das ferramentas anteriormente nomeadas.

-Comezaría o grupo que tiña o blueboot, tiñan que elixir unha letra que había dentro dunha bandexa.Unha vez elexida tiñan que buscar, no taboleiro do blueboot, unha palabra que comezara coa letra elexida e intentar lela. Despois, programarían a Piki (nome que lle puxemos ao noso blueboot) para chegar á palabra.
Despois na PDI escribiamos a palabra.

-O grupo que tiña os IPADS utilizarían dos aplicacións:
*ALPHABET.- Terían que formar a palabra elixida.
*CHALKBOARD.- Escribían a palabra.

- Os grupos que tiñan as mesa de luz terían que:
* Uns formar a palabra coas letras traslúcidas.
* Os outros farían os trazos das letras nunha bandexa de sal de cores.

- Unha vez que cada grupo facía a súa tarefa, abríamos a aplicación HP Real (nós aínda lle chamamos Aurasma) e capturariamos a letra para observar o que salía. A verdade é que lles encantou facer esta actividade e, todos os grupos colaboraron estupendamente para levala a cabo.


Déixovos unhas imaxes e un vídeo que resume esta actividade que realizamos en varios días. Perdón pola calidade dos vídeos.
































No hay comentarios:

Publicar un comentario